venres, 16 de decembro de 2016

Na Mesa de Natal Não Pode Faltar: Roscón de chocolate

Menin@s! Lanzáronnos un reto desde Portugal para este Nadal e nós recollímolo con moi bo gusto pois adoramos esta época do ano no que a gastronomía xoga un papel tan relevante.  A idea xurdiu de A casinha das bolachas con quen xa colaboramos na nosa sección "Bitácoras de aquí e acolá". Ben, pois desde comezo de mes, diferentes blogues nominados están a publicar receitas natalicias e a responder a un cuestionario que Ana nos preparou. Estamos acostumados a preparar nós as receitas para o Bolboreteando aínda que desta volta tócanos o papel inverso, o de responder.
Deixámosvos pois con este fermoso reto e cunha receita especial para chocolateir@s nestas vindeiras datas.

Na Mesa de Natal Não Pode Faltar... 

  • Quem está por de trás deste blogue?
    • Diana e David, unha parella de filolólogos, namorados desde 2005, con paixón pola gastronomía. 
  • Quando surgiu o gosto pela culinária?
    • É continuo e progresivo desde a infancia, adoptando un papel activo nos últimos 8 anos.
  • Quando e como surgiu o blogue?
    • O 30 de decembro de 2013, para combinar as dúas paixóns, as letras e a gastronomía. 
  • Gostas desta época do ano? Se sim do que mais gostas?
    • Si, nesta época desfrutamos moitísimo, tanto do ambiente natalicio, do clima, coma das receitas típicas. 
  • Existe algum ingrediente que te faça lembrar o Natal? Qual?
    • Si, en xeral o azucre e o chocolate están moi presentes nesta época, mais tamén o marisco.
  • Costumas cozinhar no Natal?
    • Si, é un grande pracer para nós cociñar nestas datas importantes.
  • O que nunca pode faltar na tua mesa de Natal para além de muito amor?
    • Un pouco de marisco, e uns bos doces natalicios para a sobremesa.
  • Que receita vais partilhar e porque razão a escolheste?
    • Un Roscón de chocolate, porque aquí son moi tradicionais nos días 5 e 6 de xaneiro e queríamos ofrecer unha versión máis doce co chocolate. 


Roscón de chocolate



Ingredientes:


Para a masa do roscón:
  • 400 g de fariña de forza
  • 180 ml de leite
  • 100 g de azucre
  • 60 g de manteiga
  • 30 g de cacao puro
  • 21 g de lévedo fresco
  • 3 ovos
  • 1 cullerada de vainilla
  • Un chisco de sal
Para a decoración:
  • 150 g de chocolate
  • 150 g de nata 35%
  • 25 g de manteiga

Utensilios: unha cunca grande, un batedor manual (ou culler ou espátula), papel vexetal, papel transparente e unha bandexa de forno. 


Elaboración: 

Para comezarmos, temos que quentar o leite coa cullerada de vainilla. Reservamos até que esté morno e engadimos o azucre e o sal. Reservamos.


Despois, mesturamos a fariña, co cacao e o lévedo. 



Engadimos os dous ovos batidos. 



Mesturamos moi ben. Cando teñamos unha masa homoxénea, colocamos sobre papel vexetal e seguimos amasando. 


Agregamos a manteiga, e mestuamos até que estea completamente integrada. 


Cando estea lista, colocamos, de novo, a masa á cunca, cubrimos con papel transparente e deixamos repousar até que duplique o tamaño, aproximadamente 1 hora.


Pasado ese tempo, sacamos a masa a unha superficie enfariñada (con cacao ou fariña, se usades fariña, hai que ter coidado para que non quede moi manchado o roscón) e dámoslle a forma de roscón. 


Este sería o momento se queremos meter algunha sorpresa, só a teríamos que envolver en papel de aluminio e agachalo ben dentro do biscoito. Deixamos repousar 30-40 minutos e pintamos o biscoito co outro ovo batido. 


Enfornamos a 190º, calor abaixo e ventilador, durante 25 minutos. Despois, reservamos até que arrefríe.


Pasado ese tempo, temos que quentar a nata até que ferva, retiramos do lume e engadimos o chocolate. Mesturamos moi até que se derreta, de seguir, agregamos a manteiga e remexemos até que teñamos unha crema lisa e brillante. 

Vertémolo sobre o biscoito.


E decoramos cunhas bolas de chocolate. 





Deixamos que arrefríe e endureza o chocolate e xa estaría listo para comer!


Agardamos que vos guste e que o poñades en práctica este Nadal. 




Cremos que logramos unha moi boa alternativa ao tradicional pan de ovo preparado para o Día de Reis e que podemos ter en conta en función das preferencias dos nosos comensais. A idea recollímola do novo libro de Alma Obregón e quedamos gratamente sorprendidos. Aínda teriamos a opción de rechealo mais este xa de por si é ben saboroso e intenso.
Sexa como for, deixámosvos aquí tamén a receita do tradicional Rosco de Reis que tanto éxito tivo no noso blogue: Receita.
Agardamos que desfruten por Galiza, Portugal desta receita natalicia. Pasen unhas moi boas festas... Lémonos mañá de novo!

14 comentarios:

  1. Que bolo espectacular. Parabéns, além de ter uma mavarilhosa imagem, o sabor não deve ficar atrás. Boas festas!
    https://avidadenessy.blogspot.pt

    ResponderEliminar
  2. Obrigada por participarem e por esta partilha! Adorei :)

    Beijinhos Ana
    https://acasinhadasbolachas.blogspot.pt

    ResponderEliminar
  3. Uma receita a experimentar!
    por aqui há :
    https://ospetiscosdagracinha.blogspot.pt/2016/12/pimentos-recheados.html

    Festas felizes!!!

    ResponderEliminar
  4. Que guloso! Adorei :D
    Beijinho

    Blogue Recanto com Tempero

    ResponderEliminar
  5. Ficou muito bonito! Não conhecia esta versão com chocolate e deve ser bem gulosa.
    Bjn
    Márcia

    ResponderEliminar
  6. Que coisa tão gulosa.

    Beijinhos,
    Clarinha
    http://receitasetruquesdaclarinha.blogspot.pt/2016/12/peixe-chefe-novamente.html

    ResponderEliminar
  7. Uuummmmmmmmmmm que cosa mas rica muero de amor con este roscon ,pena non dar cuenta de cachin seguro que esta de muerte relentisima.
    Bicos mil wap@s

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É unha bomba 😂😂! Este rinde máis que é máis contundente!
      😘😘

      Eliminar