sábado, 17 de decembro de 2016

Gofres caseiros

Que pouco tardamos en volver vernos desta volta, verdade? Onte viñamos cunha receita natalicia e hoxe vimos cunha para todo o ano mais que gana moito peso no inverno polo goce de o comer quente e coller algo de temperatura no corpo.
Confesamos que nós non probaramos os gofres até hai un par de anos. Non sabemos moi ben o motivo. O tema é que desde a súa proba nos conquistaron e agora tiñamos pendente a súa elaboración. Casualmente, polo último aniversario, unha moi boa amiga tivo o detalle de nos agasallar cunha gofreira que veu como anel ao dedo. De feito puxémola en práctica pouco despois de a termos na nosa posesión.
Aínda que cada vez é máis sinxelo encontralos en moitos pastelarias e mesmo en locais especializados (na Coruña hai un par deles), non son tan habituais como en países como Francia ou EUA. A verdade é que teñen unha longa tradición pois parece que xa na Antiga Grecia tiñan hábito de cociñar unha masa de fariña entre dúas placas. Con todo, os actuais gofres, tamén chamados "waffles", proveñen dos EUA, a onde chegaron uns emigrantes holandeses coa suposta receita.
Sexa como for, a única "pega" que lle poñemos é a necesidade dun aparello concreto para os facer pois a dificultade é practicamente inexistente. Aquí vai a receita :-)

Gofres caseiros


Ingredientes:


Para os gofres (para 8-10 gofres):
  • 330 ml de leite
  • 260 g de fariña 
  • 80 ml aceite de oliva
  • 2 ovos
  • 3 culleradas de azucre moreno
  • 1/2 cullerada de bicarbonato
  • 1/2 cullerada de lévedo en po
  • Un chisco de sal
Para a decoración:
  • Chocolate fundido/ crema de cacao con avelás
  • Bolas de cores de chocolate

Utensilios: dúas cuncas, un batedor eléctrico/manual, unha gofrera.


Elaboración:

Para empezar, mesturamos a fariña, o azucre, o bicarbonato e o sal. Reservamos.


Noutra cunca, mesturamos o leite, o aceite e os ovos. 


Botamos esta mestura sobre a fariña e mesturamos moi ben. 




Despois, untamos a gofre cun chisco de aceite e quentámola. Cando estea lista, engadimos masa até cubrir os ocos da gofrera. Tapamos e deixamos que se fagan 3-4 minutos. 




Derretemos o chocolate ou quentamos uns segundos a crema de cacao e botámolo sobre os gofres e decoramos coas bolas de cores. 


E a comer! Agardamos que vos gusten aínda que podedes intuír polo aspecto que nos demos un bo festín. E iso que na imaxe vedes tres só mais papamos uns cantos máis. Aí, que lambonciñ@s!! Xa sabedes, estes permiten e admiten todo tipo de capas, desde sirope, a nata pasando polo mel ou crema. É cuestión coñecerdes os vosos gustos e lles dar forma nestes saborosísimos gofres! Lémonos, amig@s!

2 comentarios:

  1. Bueno casi me voy sin deciros que me encanta el ambiente navideño que le habeis dado al blog jejeje.
    Los gofres se ven deliciosos no tengo disculpa para hacerlos por fin tengo gofrera en condiciones.
    Bicos mio wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Igual nos pasa a nós coa gofrera, agora que a temos non hai desculpa para non facelos.
      Que ben que che guste o deseño, fixémolo con todo o noso cariño 😁
      Mil grazas 😘

      Eliminar