sábado, 3 de setembro de 2016

Galletas de vainilla e améndoa

O regreso das vacacións adoita non gustar, excepto cando é para voltar a Bolboretas no bandullo con novas publicacións. Nese caso, o retorno é do máis feliz, canto menos para nós. Agardamos que xa esteades desexos@s de novas lecturas gastronómicas e que estas vos animen tamén o voso regreso á realidade.
E con que novidades chegamos? Pois con galletas, sempre efectivas e recorrentes para calquera detalliño. Neste caso estas viñeron por unha encarga para o Naseiro. E claro, para rematar rápido e lograr algo efectivo, as galletas sempre cumpren. Aínda que certo é que hai galletas e... galletas. E esta é das que deixan moi bo recordo.
Con eses ingredientes xa se intúe un óptimo resultado e só queda amasar co agarimo común d@ reposteir@ e agardar a que chegue o momento de degustar! Preparad@s? A facer galletas! 


Galletas de vainilla e améndoa


Ingredientes (para 15 unidades):

  • 200g de fariña
  • 100g de azucre
  • 100g de manteiga
  • 30g de améndoas
  • 1 ovo
  • 2 culleradas de vainilla
  • 1 culleriña de bicarbonato
  • Un chisco de sal
  • Azucre glas

Utensilios: unha cunca, un batedor eléctrico, unha espátula, unha peneira bandexa e papel de forno.


Elaboración:

Para comezarmos, mesturamos a manteiga o azucre e a vainilla co batedor eléctrico.


Engadimos o ovo e continuamos batendo. 


De seguir, engadimos a fariña, o bicarbonato e o sal peneirados; integrámolos coa axuda da espátula. 


Agregamos as améndoas e mesturámolas moi ben coas mans. 



De novo, coa axuda das mans, imos facendo boliñas e pasándoas polo azucre glas. 


Colocámolas sobre unha bandexa de forno cuberta con papel vexetal. 


Forneamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos. 


Deixamos arrefríar e xa estarían preparadas para comer! Agardamos que vos gusten. 


Desta volta fixemos só 15 porque era unha encarga pequena mais a seguinte vez... faremos o dobre ou triple para nos pór as botas. Habería que agardar a que enfriasen e iso mais nós ao saír do forno xa papamos dúas. Resulta moi difícil resistirse... Cant@s de vós xa tedes plan reposteiro para esta tarde? Porque intuímos que vai haber moitas galletas de vainilla e améndoa por aí adiante. Que as gocedes, amig@s! Unha forte aperta!

4 comentarios:

  1. Que boa pinta! As galletas sempre son un vicio, leven o que leven :D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Totalmente de acordo, haha! As galletas son o mellor... e se son caseiras aínda máis!
      Mil grazas e moitos bicos!

      Eliminar
  2. Con estas deliciosas galletas así da gusto a volver de las vacaciones, me las anoto que tienen que tener un sabor estupendo, seguro que son un vicio.

    Un besazo

    ResponderEliminar