martes, 23 de agosto de 2016

Pasta con salsa carbonara

Aquí estamos bolboreteir@s. Vimos fortes cunha receita clásica para coller folgos durante unha semana que andaremos, como todos os anos, pola Romaría do Bo Xantar, o Naseiro. Non vos preocupedes, que habedes ir tendo noticiais nosas, mais até o sábado 3 de setembro non haberá novidades no blogue.
A idea do prato de hoxe xorde após tempo comprobando que na maior parte dos restaurantes adoitan facer a salsa carbonara con nata, incluso sendo algúns italianos. Chamounos a atención porque cando visitamos Milano, unha das primeiras cousas que aprendimos foi que botarlle nata á carbonara era un sacrilexio para eles/as.
Desde aquela, sempre imos observando o modo de preparación nos diversos lugares e desta vez fomos nós quen nos animamos a preparala. Mais antes cómpre comentar un pouco da súa orixe, que sempre crea apetito, haha.
Naceu ao abeiro da II Guerra Mundial en Italia. Curiosamente, contra o aborrecemento dos militares británicos, fartos de comer sempre o mesmo. Desde a orixe, os ovos e a pementa negra convertéronse en elementos fundamentais deste prato. Non a nata. Parece ser que os alimentos que máis abundaban nesta época de racionamento nas cociñas militares eran os ovos e a panceta, polo que solicitaron un novo prato con eses elementos. Por suposto, a pasta estaba presente en todas as casas italianas polo que esta converteuse na base desa creación.
Ademais, cómpre recordar a orixe dese termo "carbonara", que se debe á zona dos Apeninos en que comezou a degustar e na que a actividade mineira era realmente importante. Mesmo existe a lenda de que a pementa negra xorde no prato como homenaxe aos carboneiros. Mais... permítannos que o dubidemos, haha.


Pasta con salsa carbonara


Ingredientes (para 4 persoas):


  • 300-350g de pasta
  • 200g de panceta afumada
  • 100g de queixo parmesano
  • 3 ovos
  • Pementa moída
  • Un chisco de sal
  • 2 culleradas de aceite
  • Auga


Utensilios: unha pota, unha tixola, unha cunca, un batedor manual, un cazo e unha culler de pau. 

Elaboración:

Para comezarmos, cocemos a nosa pasta en abundante auga con sal seguindo as instrucións do paquete. Non a escoedes nin tiredes a auga, despois veremos o porqué ;)


Mentres tanto,  batemos os ovos co queixo e a pementa, aproximadamente unha cullerada. Reservamos.

Cando lle quede pouco á pasta, cortamos a panceta en anacos pequenos e rustrímola en dúas culleradas de aceite.

Cando a pasta estea lista, incorporámola directamente, sen escoar, á tixola coa panceta, para que quede máis saborosa.


Mesturamos moi ben e engadimos os ovos batidos co queixo e a pementa. 




Mesturamos de novo e non deixamos de remover para que os ovos non callen. Se vemos que a mestura queda seca, engadimos unha pouca da auga da cocción da pasta, para que sexa unha salsa máis lixeira. A cantidade dependerá do voso gusto, nós engadimos dous cazos de auga. 


Retiramos do lume, engadimos máis pementa (e, se queredes, máis queixo) e xa estaría preparada para comer!! 


Agardamos que vos guste e que a poñades en práctica! 



Nós adoramos a pasta en case todas as súas versións e esta non ía ser menos. Para @s que gustades do sabor intenso na pasta e adorades como esta gana en sabor, tedes aquí unha moi boa opción, moi común en milleiros de restaurantes mais que talvez non se adoite facer tanto nos fogares. Feita unha vez, xa se pode continuar até mil. Ademais, que a pasta sempre é moi adaptábel polo que lle podedes dar un toque persoal. Agardamos que a desfrutedes!!!

6 comentarios:

  1. Que buena esta la pasta con salsa carbonara! es una de mis salsas favoritas, me vuelve loca ^-^

    Un abrazo!

    ResponderEliminar
  2. me encanta la pasta con esta salsa, queda un plato delicioso! biquiños

    ResponderEliminar
  3. Holaaaaaaaaaaaa ya estoy por aqui despues de mis largas vacaciones blogueriles.
    Te ha quedado un plato de relujo a mi hijo le encanta la pasta y asi se la prepara cuando trabajo de tarde para la cena tengo que tener cuidado de no tener todos los ingredientes en casa por que los cenaria toda la semana jis jis .
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahaha, adicto á salsa carbonara 🍝! Para nós tamén é unha delicia!!
      Mil grazas, moitos bicos e benvida de novo!!

      Eliminar