martes, 6 de setembro de 2016

Costela de mamá

Benvid@s un día máis a Bolboretas no bandullo para vos presentar nova receita. Ben, nova receita talvez para vós, porque a nós lévanos acompañando moitísimo tempo e pensamos que talvez fose xa hora de a incluír na amplia selección do blogue. Motivos sóbrannos mais é o principal é o agarimo que a define. Receita familiar recorrente que sempre deixa bo sabor de boca e que por riba resulta sinxelísima de elaborar e ofrece todas as garantías de éxito. Neste caso a clave está, como na maior parte das ocasións, en obter un produto para elaborar un saborosísimo prato. 
Agora que comeza o curso, que imos deixando o verán e as festas atrás (aínda que quedan unhas cantas), cómpre pensar de novo na rutina e na alimentación semanal de aí que conveña ter recursos suficientes para non andar agobiado día a día coa elaboracións dos menús, sobre todo para @s que non son pouc@s na casa. Aínda que como teñades un/nha ao que lle saiba tanto esta costela como a nós... pouco ha durar!


Costela de mamá


Ingredientes:

  • 2 kg de costela de porco
  • 2 vasos de viño branco
  • 1/2 vaso de brandy
  • 1/2 vaso de aceite
  • 1/2 vaso de auga
  • 7-8 dentes de allo
  • Pementa moída
  • Sal

Utensilios: unha fonte grande apta para o forno e un coitelo.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de cortar a costela en anacos, nós facémolo cada 2-3 osos. 


Adobámola cos dentes de allo picadiños, a pementa moída e o sal ao voso gusto.


Agregamos o viño, o brandy, a auga e o aceite e mesturamos moi ben para que a costela quede ben impregnada de todo os ingredientes. 


Enfornamos a 180-190º, gratinador e ventilador, durante aproximadamente 1 h 30 min. Tede en conta que á metade de cocción temos que darlle volta á carne para que se faga, e toste, polos dous lado. En caso de verdes que seca no forno, engadiremos un pouco máis de viño ou de auga. 


E xa estaría lista para comer! Vedes que fácil foi? ;) Agardamos que vos guste moito e que a poñades en práctica. 


Ah, si, queda un paso moi moi complexo: collermos os anacos coas mans e metérmoslles o dente para os saborear como corresponde. E se pringamos as maos... que problema hai? Máis presta, ou non? 
Pois deixámosvos logo unha receita moi especial que se ha converter en recorrente en máis dun fogar se non o é aínda. 
Fortes apertas, lambisqueir@s e boa semana!

6 comentarios:

  1. Uummmm como tienen que estar esas costillas nada como las recetas de las mamis ,con tu permiso tomo nota no has tardado nada en convencerme no dejan de decirme comeme ,te ha quedado un plato de relujo no lo siguiente.
    Las galletas divinisimaaaaaaaaaaaas tambien pena de no poder meter la mano porque me marcho toda babaitaaaaaaaaaaa para no variar.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahaha!! A verdade é que as cociña das mamás... un pracer!! Moito teño que aprender aínda, haha!
      Mil grazas Chus, bicos!

      Eliminar
  2. la costilla de cerdo nos encanta y asi adobada y al horno esta para chuparse los dedos, bicos

    ResponderEliminar
  3. Pedazo receta de costillas! con permiso me llevo esta estupenda receta que seguro es de las que te pones a rechupetear los dedos de lo ricas que están

    Un besazo ^-^

    ResponderEliminar