Se analizades a traxectoria deste case tres anos de Bolboretas no bandullo, xa saberedes que por estas datas toca unha torta especial posto que celebramos as Festas da Xunqueira en Viveiro. E por suposto que non vai faltar sobremesa.
Iso si, de vez en cando debemos controlar os nosos impulsos para non preparar inmediatamente unha receita chocolateira porque senón non sairíamos do chocolate, haha. Por tanto, tocou darlle un pouco máis ao maxín para lograr unha nova larpeirada. Fomos recollendo ideas dun libro e doutro para acabar fusionando nesta sorprendente torta de merengue e crema de limón.
E cal é a novidade desta vez? Pois que estamos coma vós de momento. A torta está no frigoríficio agardando a ser degustada. Non vos podemos enganar. Acabamos de facela onte á noite e aínda temos que agardar unhas horas para lle meter o dente. Así que... atrevédesvos a mimetizar a receita ou agardades que vos contemos?
Torta de merengue e crema de limón
Ingredientes:
Para a base:
- 1 lámina de masa crebada
Para a crema de limón:
Para o merengue:
- 3 claras de ovo
- 165g de azucre
Utensilios: un cazo, un molde apto para forno, unha ou dúas cuncas, un batedor manual, papel vexetal e papel transparente, un batedor manual, unha manga e un bico.
Elaboración:
Comezamos elaborando a base para a torta, tedes a ligazón da receita aquí. Deixamos arrefríar e facemos a crema de limón. Para isto, temos de mesturar o ovo e as xemas co azucre.
Engadimos a auga e o zume de limón e mesturamos ben.
Engadimos a maicena e mesturamos de novo.
Levamos a mestura ao lume até que ferva e comece a espesar e, cando estea espesa, apagamos o lume e agregamos a manteiga, seguimos remexendo para que se integre ben.
Tapamos co papel transparente e deixamos que se atempere.
Mentres tanto, facemos o merengue. Mesturamos as claras co azucre e poñémolas ao baño maría até que se derrita totalmente o azucre. Despois, retiramos do lume e batemos co batedor eléctrico para que monten as claras. Temos de conseguir unha crema dura e que manteña as formas. Perdoade por só ter unha foto, mais quedamos sen batería na cámara.
Cando teñamos o merengue listo, montamos a torta! Sobre a masa quebrada botamos a crema de limón e, sobre esta, coa axuda dunha manga pasteleira e un bico decoramos co merengue. Prequentamos o forno co gratinador, a máxima potencia, e metemos a torta até que se doure o merengue.
Deixamos arrefríar, mellor unha noite, e xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste!!
Impacientes? Como estará? Nós estamos seguros que boísima mais estade atent@s ás redes sociais que vos habemos mostrar un anaco do corte para vos contar o resultado. A nós non nos dá chegado o momento do xantar... que ganas de torta. As apostas xa están abertas? Óptima, boa, cumpridora, fracaso? De seguro que é un éxito. Xa falamos, amig@s!!!
Menuda pintaza! Presta só de vela ;P
ResponderEliminarMil grazas! Está riquísima e moi fresca para despois de comer!
EliminarApertas 😘