Desde logo que este clima que vimos tendo lle sube o ánimo a calquera. Canto menos, pola Mariña Luguesa, onde a calor se resiste ben. E con tanto ánimo, continuamos a elaboración de receitas para nós e vós.
Xa vos contamos innumerábeis veces o que nos gusta meter as mans entre a masa e argallar até dar con alimentos que presentes características específicas, diferenciábeis. Deste xeito, sempre que podemos aproveitamos para facer pan, pizzas, empanadas... mais tamén tortitas, que nos dan moitísimo xogo á hora de facer pratos mexicanos mais tamén para preparar inventos moi bolboreteiros como o de hoxe. Xa as tortitas ficaron para se degustar elas soas, mais claro, precisabamos consistencia e aí é onde nos centramos nun recheo con protagonismo propio e que conxuga marabillosamente coa capa exterior.
Si, poderiamos inventar un nome, mais desta volta fomos máis tradicionais e optamos por unha denominación máis descritiva que xa nos anima a lle meter o dente!

Tortillas aromatizadas recheas de gambas e verduras
Ingredientes (para 4 tortillas):
Para as tortillas:
Para o recheo:
- 500g de gambas
- 1 pemento vermello
- 1 pemento verde
- 2-3 tomates triturados
- 2-3 culleradas de aceite
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha cuncha, unha espátula, unha tixola, un rolete e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que preparar a masa das tortillas. Para iso, mesturamos a fariña coas especias. Neste caso, utilizamos curry, estragón e ourego, mais podedes utilizar as que máis vos gusten.
A continuación, engadimos os ovos e mesturamos moi ben até obter unha masa homoxénea.
Separamos a masa en 4 porcións, e estiramos cada unha delas coa axuda dun coitelo e nunha superficie enfariñada, para que non se nos pegue. Reservamos un momento.
Mentres, temos que ir preparando o recheo. Picamos finamente os pementos e rustrímolos nunha tixola cun chisco de aceite.
Cando xa abrande un pouco, engadimos as gambas, cortadas en 2-3 anacos. Deixamos que se fagan e engadimos os tomates triturados e sazonamos coa pementa moída e o sal, ao gusto, e deixamos cociñar 8-10 minutos.
Mentres que se acaba de facer o recheo, facemos as tortillas na tixola. Botamos un chisco de aceite para que non se nos pegue a masa, e facemos cada tortilla, a lume medio, sobre 1-2 minutos por cada lado. Cando comecen a aparecer as burbullas, deberemos darlles a volta.
Despois, colocamos as tortillas nun prato e repartimos o recheo sobre elas. E xa estarían preparadas para comer! Agardamos que vos gusten!!
Imaxinade canto desfrutamos papando este gorentoso prato... E estamos seguro que tamén o habedes desfrutar vós máis cedo que tarde, ou non?
Hai que aproveitar a marxe que nos dán os días de verán para remexer na cociña e probar novas cousas. Por iso sempre dicimos que a gastronomía fomenta o espírito creativo! Non hai máis que ver o ven que o pasan @s nen@s cada vez que teñen oportunidade de amasar e prepararen receitas.
Ben, pois aquí queda a nosa última creación para que, de ser o caso, aproveitedes! Unha forte aperta!
Menudo recheo mais rico!!, comía dúas tortiñas agora mesmo e sin dudalo.
ResponderEliminarBicoss
Moitas grazas 😘😘
EliminarMenudo recheo mais rico!!, comía dúas tortiñas agora mesmo e sin dudalo.
ResponderEliminarBicoss
Hola no conocía tu blog, me han encantado estas tortillas aromatizadas... felicidades y bsts
ResponderEliminarEncantados de que nos coñeceras e de que che guste a receita!
EliminarUn bico
Ummmm de vicio seguro solo ver las fotos alimenta, divinisimaaaas para no variar.
ResponderEliminarBicos mil w@pos.
Mil grazas!! 😍😍
Eliminar