Amosando publicacións coa etiqueta tortillas aromatizadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tortillas aromatizadas. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de xullo de 2016

Tortillas aromatizadas recheas de gambas e verduras

Desde logo que este clima que vimos tendo lle sube o ánimo a calquera. Canto menos, pola Mariña Luguesa, onde a calor se resiste ben. E con tanto ánimo, continuamos a elaboración de receitas para nós e vós.
Xa vos contamos innumerábeis veces o que nos gusta meter as mans entre a masa e argallar até dar con alimentos que presentes características específicas, diferenciábeis. Deste xeito, sempre que podemos aproveitamos para facer pan, pizzas, empanadas... mais tamén tortitas, que nos dan moitísimo xogo á hora de facer pratos mexicanos mais tamén para preparar inventos moi bolboreteiros como o de hoxe. Xa as tortitas ficaron para se degustar elas soas, mais claro, precisabamos consistencia e aí é onde nos centramos nun recheo con protagonismo propio e que conxuga marabillosamente coa capa exterior.
Si, poderiamos inventar un nome, mais desta volta fomos máis tradicionais e optamos por unha denominación máis descritiva que xa nos anima a lle meter o dente!


Tortillas aromatizadas recheas de gambas e verduras


Ingredientes (para 4 tortillas):


Para as tortillas:
  • 150g de fariña
  • 2 ovos
  • 1 culleriña de curry (opcional)
  • Ourego, estragón, comiño...
Para o recheo:
  • 500g de gambas
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde