martes, 5 de xullo de 2016

Smoothie de sandía e cenoria

Bo día, aínda que chuvioso polo norte. Que raro... Con todo, o verán está aquí e por iso procuramos prepararmos receitas frescas. Para nós xa é ritual subir, canto menos unha vez ao ano, receita de smoothie, e por iso non podía faltar unha nova versión en que mesturamos froita e verdura nunha combinación de cores e sabores ben interesante.
Ademais, que estes batidos que están tan á moda teñen unha grandísima vantaxe, a de se realizaren en apenas uns minutos. Isto ofrécenos facilidade para argallar cos ingredientes e probar diferentes experimentos en función do que teñamos pola cociña.
Ademais de polo clima, que aquí non tanto, cómpre aproveitar esta época posto que podemos desfrutar de numerosas froitas e verduras de tempadas logrando os mellores resultados. 
Aí vai!

Smoothie de sandía e cenoria


Ingredientes (para 1 bebida):

  • 200 g de sandía
  • 1 cenoria
  • 1/4 de cogombro
  • 1 cullerada de iogur natural
  • 1 culleriña de xenxibre

Utensilios: un vaso e un batedor eléctrico.



Elaboración:


Primeiramente temos de cortar en anacos a sandía, debe estar sen pebidas, e pelamos e cortamos a cenoria e o pepino.


De seguir, engadimos o iogur.

E o xenxibre.


Trituramos co batedor eléctrico até que se desfagan totalmente os ingredientes e estean integrados.


Seguro que vós tedes outras moitas ideas para os smoothies. Cal nos recomendades? Nós canto menos, un por semana sempre facemos posto que nos permiten saír do paso cunha merenda saudábel, saborosa, simple e rápida de elaborar. Pouco máis se lles pode pedir a estes smoothies. O que si pedimos é un pouco máis de sol para os gozar aínda máis.
Moitas grazas, bolboreteir@s! Lémonos!

4 comentarios:

  1. !! É perfecto !!, que cantidade de nutrientes ten este smoothie. A mistura de froitas e verduras, fasciname. Isto ben fresquiño colase polo gaznate abaixo que da gloria :)

    Bicosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, seguro que che encantaría!! Dá moita enerxía porque está cargado de vitaminas!!!
      Mil grazas por estar sempre por aquí!
      Biquiños!!

      Eliminar
  2. Lo acabo de hacer y me ha encantado! gracias por compartirla, se va hacer de mis asiduas

    Un beso y feliz semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii?? Que ben! Canto nos alegramos!!
      Mil grazas e feliz semana! 😘😘😋

      Eliminar