martes, 12 de xullo de 2016

Madalenas de careixóns sen glute

Bo día, amig@s! Como vai todo? Nós ímosvos tentar adozar o día cunha nova larpeirada que fixemos con moitísimo agarimo pois leva como elemento principal un alimento deses que nos levan á infancia na aldea, a eses tempos en que encontrar unha boa presa de amoras negras era unha xenial noticia ou ao igual que dar cos primeiros careixóns da tempada. Pois estes "careixós", como aquí dicimos, cada vez parecen máis difíciles de encontrar, e cando nos facemos cuns poucos adoitamos degustalos moi felizmente. 
Desta volta, quixemos facer unha receita con eles xa que até o de agora sempre pasaran directamente da planta para o bandullo. Non era unha grande cantidade porque, como dixemos, non é fácil conseguilos mais si deron para lograr unhas cantas madalenas cun sabor ben especial. 
Supomos que non en todos lados lles chamaredes careixóns, e por iso aclaramos, que son amorodos silvestres. Porén, o termo utilizado paréceme unha outra fermosura da nosa lingua.
Deixámosvos pois, unha idea para vos animar a ir na procura de careixóns preparando unhas madalenas coma estas, aptas para celíac@s.

Madalenas de careixóns sen glute


Ingredientes (para 20 unidades):

  • 150 g de careixóns
  • 250 g de azucre
  • 200 g de fariña de millo (maicena)
  • 180 ml de leite
  • 180 ml de aceite
  • 3 ovos
  • 1 sobre de lévedo
  • Unha cullerada de vainilla
  • Un chisco de sal


Utensilios: unha cunca, un batedor manual (ou eléctrico), moldes para madalenas (ou para un biscoito), cápsulas para madalenas, 

Elaboración:

Para comezarmos, temos de bater os ovos xunto co azucre. 


De seguir, engadimos a vainilla. 


A continuación, e pouco a pouco, a fariña e o lévedo peneirados. Mesturamos ben. 


Despois, engadimos o aceite.


E o leite. 


Mesturamos todo moi ben, até que estean integrados todos os ingredientes.


Repartimos a mestura nos moldes para madalenas. 


E tamén botamos en cada unha, uns poucos de careixóns. 



Foto  do blogue: http://bajamarladrido.blogspot.com.es/


Enfornamos a 200º, calor abaixo e ventilador, durante 15 minutos. 


Deixamos que arrefríen un pouco e xa estarían listas para comer! 


A pena foi non ter máis. Agora estamos esperando por unha boa cantidade deles que estaban aínda por madurecer e así facermos outra fornada de madalenas ou algunha outra larpeirada. Aínda que si, é difícil resistirse a non os papar no momento que se recollen, haha.
Sexa como for, estas madalenas fan honra á de Proust e transpórtannos velozmente a unha etapa de ledicia e curiosas preocupacións como a da nenez. Agardamos que vos gusten e seguro que nos contades dalgún tesouro de careixóns que tedes controlados cerca vosa. Unha forte aperta!!

8 comentarios:

  1. Mi madriña!!!... canto tempo fai que non me levo á boca uns careixós. De pequeña teño feito colares con eles e os iba comendo pouquiño a pouco jajajaja. Que ricas han tido que quedar estas madalenas con eles.

    Bicosss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha, para nós é unha viaxe á infancia inmediata!!
      Mil grazas por comentar!
      Apertas!

      Eliminar
  2. Me han enamorado! las probare seguro, deben de estar bien ricas y encima sin gluten, gracias por compartirla ^-^

    Un beso y feliz semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a ti por lernos e alegrámonos moito de que che gusten!! Mil apertas!

      Eliminar
  3. Muy buena receta, seguro que la preparo. con tu permiso me quedo por tu cocina, un beset

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Nós encantados de recibirte e que che gusten as nosas receitas!!
      Grazas,
      Apertas

      Eliminar
  4. Qué bueno que publiques recetas para aquellos intolerantes a algún alimento, cosa que valoro mucho.
    Besos Hoy desde
    http://siempreseraprimavera.blogspot.com.ar/2016/07/hormigas-culonas-un-ingrediente-para.html

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pensamos que debemos incluír a todas as persoas nas nosas receitas, porque a tod@s nos gusta comer e debemos facelo e desfrutalo!
      Mil grazas por quedarte,
      Un saúdo enorme.

      Eliminar