martes, 14 de xuño de 2016

Nutellotti

Vaise aproximando o verán, cada día erguémonos con máis claridade e forza, e nós, entre tanto, seguimos coas larpeiradas, que sempre son ben recibidas. Hai outros produtos que poden responder máis a unha tempada ca outra, mais as lambonadas sempre se manteñen.
E imos cunha outra oda ao chocolate e contretamente á crema de cacao. Unha receita sinxelísima que nos leva á dozura irresistíbel.
E foi destas que coñecimos argallando pola rede. Como normalmente dedicamos certo tempo a ollar páxinas gastronómicas de moi diferentes lugares, os nosos ollos pararon casualmente nestas bolachas chocolateiras capaz de nos roubar o sentido e de namorar o noso padal.
Ademais, como tiñamos unha celebración para o sábado á noite e faltábanos tempo para unha torta, este foi o noso detalle. Iso si, seguro que os nutelloti nunca pensaron en ser degustados nunha localización tan fermosa. Tiveron a sorte de ser devoradas conxuntamente na praza da Catedral de Mondoñedo, acompañados do amigo Cunqueiro, nun solpor marabilloso. E falando de Cunqueiro, gustaríanlle estas galletas a el que era tan tradicional? Eu créovos que si, que era moi larpeiro ;-)

Nutellotti


Ingredientes (para 30 unidades):

  • 360 gr de nutella
  • 300 gr de fariña
  • 2 ovos

Para decorar: 2-3 culleradas de nutella.



Utensilios: unha cunca, un batedor manual, unha espátula, unha bandexa de forno, unha manga pastelira, un bico, papel transparente e papel vexetal.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de mesturar a nutella cos ovos até que estean integrados.


De seguir, engadimos a fariña peneirada pouco a pouco.


Tapamos a cunca e refrixeramos 30 minutos.


A continuación, facemos boliñas e ímolas colocando sobre a bandexa do forno.


Despois, facemos un pequeno oco no centro da galleta co dedo.


Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 10 minutos.


Deixamos que arrefríen totalmente e, coa axuda dunha manga pasteleira e dun bico, poñemos unha pouca máis de crema de cacao no centro da galleta.


E xa estarían preparadas para comer!!


Vedes que o traballo non acabou connosco desta volta. De seguro que esta é unha idea recorrente para esas persoas que, tendo en ocasións arroutadas e ganas de cociñar, acaban deixándoo por preguiza. Cunha receita tan sinxela coma esta apenas dá tempo de se botar atrás. Entre que comeza a arroutada e remata, xa están preparados os nutellotti, haha.
Terás unha arroutada larpeira, ti? Que dozura! Apertas! E recordade que nos vemos hoxe por Carballo, na Biblioteca Rego da Balsa!

8 comentarios:

  1. Estas galletas fan larpeiro a calqueira!!. Son moi sinxelas de facer, e creo que mais ainda de comer jejejejeje

    Bicoss

    ResponderEliminar
  2. esto si que es una autentica larpeirada! con lo que nos gusta la nutella en casa el éxito está aseguado! me llevo la receta, biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahaha!! Ma nosa casa pasa igual! Seguro que vos encantan!
      Un bicazo 😘

      Eliminar
  3. Como dice mi querido juan Carlos Vanse do mundo miña madriña que cosa más rica.
    Porque no puedo que si no me las comería todas y todas.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Iso é un bo sinal!! Estaban de morte relenta, como dis ti 😂😂😂
      Apertas!! 🤗🤗😍

      Eliminar
  4. Madre mía me quieres matar! me quiero comer todas! se ven deliciosas, gracias por compartirlas las haré seguro

    Un abrazo

    ResponderEliminar