Por fin, sábado. Un pouquiño de tempo máis para cociñarmos con detemento e para ir organizando as receitas dunha semana que vén especial. Para martes, imos visitar as amizades carballesas e de arredores nun faladoiro que terá lugar na Biblioteca municipal ás 20 horas. Alí vos agardaremos cunha sorpresiña e con ganas de parolar.
E entre tanto, seguimos con máis receitas. Esta semana estabamos matinando en que preparar para a cea e tamén para aproveitar para o blogue. E decatámonos que aínda nunca fixeramos unhas patacas recheas. Quen o ía dicir, a estas alturas, e coas boas patacas que por aquí temos... Pouco lle pensamos aos ingredientes xa que tiñamos capricho de chourizo. E a combinación non vola imos descubrir agora. Pensamos que xa é eterna a mestura chourizo-pataca. Cantos éxitos deixa, haha.
E con estas patacas recheas, suma un máis. A vós que vos parece?

Patacas recheas de chourizo
Ingredientes (para 2-3 persoas):
- 3 patacas grandes
- 2 chourizos
- 1 xema de ovo
- 1 cullerada de manteiga
- Queixo relado ao gusto
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha fonte apta para o microndas (ou unha pota), un coitelo, unha culleriña e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de lavar moi ben as patacas, colocámolas nunha fonte apta para o microndas e cociñámolas até que estean brandiñas, aproximadamente 15 minutos.
Despois, cortámoslles a parte de arriba e baleiramos a pataca coa axuda da culleriña. Temos de deixar unha boa base para que nos aguante o recheo. Reservamos.
Os anacos de pataca que quitamos, poñémolos nunha cunca, agregamos a xema do ovo e a manteiga e, coa axuda dun garfo, esmagamos até conseguir un puré. Tamén é o momento de engadir o chisco de sal e a pementa moída ao gusto.
Engadímoslle os chourizos cortados en anacos pequenos e un pouco de queixo relado. Mesturamos ben.
Colocamos o recheo xenerosamente sobre as patacas.
Engadimos un chisco máis de queixo relado.
Colocamos as patacas nunha bandexa de forno sobre papel vexetal e enfornamos a 190º, gratinador e ventilador, até que se derrita o queixo, aproximadamente 10 minutos.
Servimos no prato e xa estarían preparadas para comer!! Que aproveite.
Que boas estaban. Non quedou migalla e iso que era para cear e sonvos un prato de certa contundencia. A suavidade da pataca déixase levar pola forza do queixo e o chourizo para nos conquistar. E claro, adóitase comer patacas fritidas e cocidas, mais por que non probar a argallar en receitas coma esta. Xa vedes canto rendemento podemos sacar! A desfrutalas! Lémonos :-)
que ricas! no me extraña que no quedara ni gota ! bicos
ResponderEliminarMil grazas! A verdade é que estaban deliciosas!
EliminarApertas
que ricas! no me extraña que no quedara ni gota ! bicos
ResponderEliminarNo dudo lo más mínimo que estén de muerte relenta a los ingredientes y fotos me remito.
ResponderEliminarOs han quedado de relujo.
Bicos mil wap@s.
Que buenas tienen que estar! para una cena con una cerveza fresquita y estas en el mismo cielo
ResponderEliminarUn abrazo