Chegou a fin de semana e seguen as receitas de Bolboretas no bandullo despois dunha semana moi especial en que estivemos de visita por Carballo. Por certo, aproveitamos o artigo para agradecermos o convite e a asistencia de todas as persoas que no auditorio estivestes. Non quedou ninguén sen participar o que nos encheu de alegría!
Ben, pois seguimos argalla que te argalla coas receitas! Desta volta cun experimento. Como sabedes, ultimamente andamos con menos tempo por mor do traballo. Así pois, procuramos solucións rápidas para as ceas e tamén para vos presentar no blogue. Desta volta, antolláronsenos as coñecidas como "gulas" así que decidimos procurarlles forma. Para ganar en consistencia, procuramos unha base de follado ao estilo das tostas de pan e gañamos en forza co brócoli que tanto nos gusta.
Agora ben, explicamos o nome do prato. O termo gula non existe no galego para nos referir á cría da anguía. O nome para esa miniatura mariña é meixón. Porén, as que compramos no mercado adoitan estar feitas principalmente con surimi e non cos propios meixóns, de aí que lles chamemos falso meixón. Desta vez non se debe a ningún truco culinario, haha.

Tosta salteada de falso meixón e brócoli
Ingredientes:
- 250 gr de sucedáneos de meixón
- 1 brócoli
- 1/2 lámina de follado
- 4-5 dentes de allo
- Aceite de oliva
- 1 chile
- Pementa moída
- Sal
- Un chisco de fariña
Utensilios: unha tixola, unha rolete, unha bandexa de forno e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de preparar o follado. Para iso, estirámolo un pouco e coa axuda dun cortapastas (ou dunha cunca) facemos dous círculos e picámolos coa axuda dun garfo. É posíbel que precisemos unha pouca de fariña para que non se nos pegue.
Poñémolos nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal e enfornamos a 210º, calor arriba e abaixo, durante 13-14 minutos. Reservamos.
Para prepararmos o salteado, temos de cortar o brócoli en anacos e salteámolo nunha tixola con dúas culleradas de aceite e o chile até que abrande un pouco.
Cando estea máis tenro, engadimos o allo en láminas e deixamos que se douren un par de minutos.
A continuación, agregamos os falsos meixóns e salteámolos co brócoli e o allo durante 3 ou 4 minutos. Sazonamos coa pementa e o sal ao gusto.
Colocamos un par de culleradas sobre cada círculo de follado e xa estarían prepadas para comer.
Agardamos que vos guste! E que, alén de degustardes un petisco ben saboroso, quededes coa denominación axeitada para eses bechos. Non fai falta recordarlles sempre que son falsos, mais nós optamos por marcar aquí co adxectivo para clarificar a orixe. Todo veu como unha substitución das anguías e das súas crías, que presentaban un prezo demasiado elevado. O sucedáneo feito con surimi, non é o mesmo, mais a verdade é que está moi moi bo, e mais aínda nunha receita coma esta. Apertas fortes, amig@s!

Que receta más original y rápida, tenían que estar de muerte relenta no lo siguiente,te han quedado de relujo.
ResponderEliminarEn casa también nos gustan mucho estas falsas gulas y vienen genial para salir de un apuro o cuando hay prisa.
Bicos mil y feliz domingo wapos.
Sii, a verdade é que son un grande recurso para saír dun apuro. A nós encántannos!
EliminarGrazas e apertas!
Pra unha ceniña rápida e xeitosa non me cabe dúbida de que son una opción la mar de apañada.
ResponderEliminarBicosss
Siii, para os días que estamos agotad@s 😉😉
EliminarBicos 😘😘