Amosando publicacións coa etiqueta tosta de salteado de falso meixón e brócoli. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tosta de salteado de falso meixón e brócoli. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de xuño de 2016

Tosta salteada de falso meixón e brócoli

Chegou a fin de semana e seguen as receitas de Bolboretas no bandullo despois dunha semana moi especial en que estivemos de visita por Carballo. Por certo, aproveitamos o artigo para agradecermos o convite e a asistencia de todas as persoas que no auditorio estivestes. Non quedou ninguén sen participar o que nos encheu de alegría!
Ben, pois seguimos argalla que te argalla coas receitas! Desta volta cun experimento. Como sabedes, ultimamente andamos con menos tempo por mor do traballo. Así pois, procuramos solucións rápidas para as ceas e tamén para vos presentar no blogue. Desta volta, antolláronsenos as coñecidas como "gulas" así que decidimos procurarlles forma. Para ganar en consistencia, procuramos unha base de follado ao estilo das tostas de pan e gañamos en forza co brócoli que tanto nos gusta.
Agora ben, explicamos o nome do prato. O termo gula non existe no galego para nos referir á cría da anguía. O nome para esa miniatura mariña é meixón. Porén, as que compramos no mercado adoitan estar feitas principalmente con surimi e non cos propios meixóns, de aí que lles chamemos falso meixón. Desta vez non se debe a ningún truco culinario, haha.

Tosta salteada de falso meixón e brócoli


Ingredientes:

  • 250 gr de sucedáneos de meixón   
  • 1 brócoli
  • 1/2 lámina de follado
  • 4-5 dentes de allo
  • Aceite de oliva
  • 1 chile
  • Pementa moída
  • Sal
  • Un chisco de fariña