Amosando publicacións coa etiqueta nutellotti. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nutellotti. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xuño de 2016

Nutellotti

Vaise aproximando o verán, cada día erguémonos con máis claridade e forza, e nós, entre tanto, seguimos coas larpeiradas, que sempre son ben recibidas. Hai outros produtos que poden responder máis a unha tempada ca outra, mais as lambonadas sempre se manteñen.
E imos cunha outra oda ao chocolate e contretamente á crema de cacao. Unha receita sinxelísima que nos leva á dozura irresistíbel.
E foi destas que coñecimos argallando pola rede. Como normalmente dedicamos certo tempo a ollar páxinas gastronómicas de moi diferentes lugares, os nosos ollos pararon casualmente nestas bolachas chocolateiras capaz de nos roubar o sentido e de namorar o noso padal.
Ademais, como tiñamos unha celebración para o sábado á noite e faltábanos tempo para unha torta, este foi o noso detalle. Iso si, seguro que os nutelloti nunca pensaron en ser degustados nunha localización tan fermosa. Tiveron a sorte de ser devoradas conxuntamente na praza da Catedral de Mondoñedo, acompañados do amigo Cunqueiro, nun solpor marabilloso. E falando de Cunqueiro, gustaríanlle estas galletas a el que era tan tradicional? Eu créovos que si, que era moi larpeiro ;-)

Nutellotti


Ingredientes (para 30 unidades):

  • 360 gr de nutella
  • 300 gr de fariña
  • 2 ovos

Para decorar: 2-3 culleradas de nutella.