Bo día, bolboreteir@s! Hoxe erguémonos con novas de Bolboretas no bandullo xa que algo falan na prensa de nós e dos nosos seguidores e seguidoras. Aí tedes o artigo Voz de Galicia que nos fai moitísima ilusión.
E a todo isto, nós seguimos con diferentes receitas que nos permitan saír de calquera apuro ou facer unha sabororísima cea en pouco tempo naquelas xornadas en que máis cans@s estamos. Non imos cambiar a pizza tradicional por nada do mundo, sobre todo porque é un dos nosos manxares de referencia, mais si é certo que precisa o seu tempo entre o lévedo da masa, a cocción e demais. Por iso, traémosvos unha solución máis apurada e de bo rendemento. Tres diferentes opcións de pizzas en que a base consiste nas tortillas mexicanas con que adoitamos facer as "fajitas" ou "burritos". Aínda que temos a receita das propias tortillas aquí, como consiste nunha receita rápida, xa aproveitamos as mercadas integrais.
Nós o que fixemos, foi probar diferentes combinacións para ver cal ficaba mellor. As tres encantáronnos. aínda que hai unha vencedora. Ollade para ver cal é a nosa preferida!
Pizzas rápidas
Ingredientes:
Para a 1ª opción: de mexillóns
Para a 2ª opción: de queixo
Para a 3ª opción: de coliflor
- 1 tortilla mexicana
- 3-4 culleradas de salsa de tomate
- Un chisco de ourego
- 1/2 bola de mozzarella
- 60-70 gr de coliflor
- 2-3 espárragos
- 2-3 champiñóns
Utensilios: relador ou mandolina, unha culler, papel vexetal e unha bandexa de forno.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que cubrir as bandexas de forno con papel vexetal e colocar as tortillas mexicanas. Nós, neste caso, utilizamos tortillas integrais que mercamos mais deixámosvos aquí a receita por se vos apetece facelas na casa.
A continuación, estendemos a salsa de tomate (ou salsa barbacoa ou a que máis vos guste) e empoamos cun chisco de ourego.
De seguir, facemos as pizzas cos ingredientes que escollimos. Primeiro botamos o queixo, a mozzarella ou o relado.
Despois, para a primeira opción, os mexillóns e as olivas, cortadas á metade. Se vos animades, probade a botar un chisco, moi chischo, do mollo que vén cos mexillóns, veredes que lle dá un toque sorprendente.
Para a segunda opción, botamos os queixos ao noso gusto: mozzarella, o queixo relado e en lascas.
E, para última opción, relamos a coliflor, cortamos en lascas os champiñóns e cortamos en anacos os espárragos.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante, aproximadamente 15 minutos, ou até que vexamos que as tortillas están douradas e o queixo fundido.
Como vedes, son 3 opcións moi sinxelas que se fan nun momento. Ademais, o tempo que as temos no forno podemos aproveitar para adiantar outros traballos ou descansar un momento.
Máis sinxelo imposíbel. E tedes clara cal será a opción que máis vos pracerá? Nós levamos unha sorpresa descubríndomos o toque fino e suave que lle dá a coliflor. Desde logo que esa pizza foi o descubrimento do día. Agora probaremos o resultado desta verdura con masa normal, mais todo apunta a delicia máxima!
Iso si, estas pizzas entran a toda velocidade e non vos estrañedes que logo desaparezan do prato xa que son moito máis lixeiras. Agardamos que vos gusten moitísimo! Unha forte aperta, bolboreteir@s!
Mmm...idea xenial! Sorpréndeme o da coliflor.
ResponderEliminarNoraboa pola reportaxe ������
Mil grazas!! Para nós foi tamén unha sorpresa moi positiva!!
EliminarBicos!!
Enhorabuena!! os mereceis el articulo y no me extraña que os haga ilusión!! porque hasta me la hace a mi, que me siento muy cerquita de vosotros ! biquiños y las pizzas rapidas todo un acierto!
ResponderEliminarMil grazas, Vivi!! Claro que si, iso é grazas a tod@s os que estades aí día tras día animándonos a seguir 😊😍😍
EliminarMil grazas por todo!
Ayy os meus rapaces favoritos! Pero canto orgullo sinto por vos! E canto merecedes ese recoñecemento! Cando vos vin, emocioneime e todo! Unha NORABOA xigante para os dous polo voso traballo e un PARABÉNS especial para Diana porque... non pode ser máis fermosa!! Ou non sei si será mellor felicitar ó teu mozo... Parabéns para os dous!! Hahaha
ResponderEliminarEsas pizzas teñen unha pinta espectacular e non teño nin idea de por cal delas me decantaría, pero non hai problema si me quedo coas tres, non si? Hehe
Seguide así, rapaces!! Valedes moitísimo!!
Unha aperta enorme e un feixe de bicos para os dous!!
Yoly
Ohhh!! Moitísimas grazas Yoly polas túas palabras, por estar sempre aí... que é o verdadeiramente importante!!
EliminarSii, debes quedarte coas 3 ideas, hahahaha!!!
De novo, mil grazas por todo! Mil bicos para ti!
Parabéns pola receita e pola reportaxe!!!! Alegreime un montón por vós, fíxome moitísima ilusión vervos no xornal! �� Penso que vou poñer hoxe en práctica esta nova receita.��
ResponderEliminarSeguide así, con esa ilusión que tanto vos caracteriza!
Un bico
Rosalía
Moitísimas grazas, Rosalía!! Pois despois envíanos unha foto co resultado que seguro que vos encantan!!
EliminarMil bicos e grazas por todo!
Enhorabuena me ha encantado el articulo y conoceros un poquito mas,a ver si este verano cuando vayamos a Barreiros podemos conocernos que estamos bien cerquita.
ResponderEliminarLas pizzas rapidas divnisimaaaaaaaaaas yo las hago mas sencillas y en el microondas cuando mi hijo y yo tenemos antojo porque las tortitas nunca faltan en mi despensa.
Bicos mil wapa.
Moitísimas grazas! Pois estaría xenial podernos coñecer!! Nós, durante o curso vivimos na Coruña, así que igual coincide tamén por aquí, hahaha!
EliminarBicos mil e moitas grazas!
Parabéns pola reportaxe na Voz de Galicia!!. Sin dúbida un recoñecemento mais que merecido, e que guapos estades ehhhhh jajajajaja. As pizzas ben ricas, calquera das tres opcións me vale, o millor un cachiño de cada e así as probo todiñas.
ResponderEliminarUnha aperta ben grande e de novo os meus parabéns :)
Moitísimas grazas!!! Hahaha xa fixemos así 3 para picotear, hahaha!,
EliminarMil grazas por todo e por estar sempre aí!!
Bicos
Parabéns pola reportaxe na Voz de Galicia!!. Sin dúbida un recoñecemento mais que merecido, e que guapos estades ehhhhh jajajajaja. As pizzas ben ricas, calquera das tres opcións me vale, o millor un cachiño de cada e así as probo todiñas.
ResponderEliminarUnha aperta ben grande e de novo os meus parabéns :)
Estupendas e perfectas para os celiacos se as tortillas son de millo. Eu as fago as veces con outros ingredientes. Teño que probar estas.
ResponderEliminarPois sii, é unha idea xenial!!
EliminarGrazas e apertas!!