sábado, 27 de febreiro de 2016

Shepherd's pie

Resistíndomos esta fin de semana invernal que nos vén enriba, recuperamos a sección de receitas internacionais para dar a coñecer un prato británico que elaboramos nesta semana. Adoita dicir que o Reino Unido ten moitas calidades, mais que a cociña non é unha delas. Nunca concordamos con este tópico, xa que aínda que non destace gastronomicamente tanto como outras nacións, hai un amplo abano de delicias para escoller. Despois, certo é, que gustará máis ou menos o estilo, mais hai moito máis do que en ocasións podemos pensar.
Temos bo exemplo neste Shepherd's pie, completísimo e moi moi saboroso. Aínda que tradicionalmente o sheperd se elabora con cordeiro, ao non gustarmos moito desta carne, prefirmos facela coa de porco. Tamén porque sempre temos unha pouquiña gardada no conxelador para nos sacar de calquera apuro. Ben é certo, que nós coñecimos esta receita a través dos EUA, e alí, a ternera resulta máis recorrente.
Sexa cunha ou outra, en función dos comensais, difícil será vermos quedar con fame a alguén xa que presenta bastante potencia. E como non, sabor, moito sabor!

Shepherd's pie

Ingredientes:
  • Puré de pataca (receita aquí)
  • Queixo relado
  • 500 gr de carne picada
  • 8-10 cogomelos
  • 1/2 brócoli
  • 1 tomate
  • 1 cebola 
  • 2-3 dentes de allo
  • 1 chile
  • 1/2 culleriña de mostaza antiga
  • 1/2 culleriña de cúrcuma
  • 1/2 vaso de viño
  • 2 culleradas de aceite
  • Pementa moída
  • Un chisco de sal
Utensilios: unha tixola, unha fonte apta para forno, unha pota, un batedor eléctrico, un coitelo e unha culler. 

Elaboración:

Para comezarmos, temos de elaborar o puré de pataca (déixovos a receita aquí). Reservamos.



A continuación, temos de picar finamente a cebola e os allos e rustrilas en dúas culleradas de aceite. 


Deixamos que se cociñen as verduras uns minutos e engadimos a carne picada e o chile, mesturamos moi ben. 


Cando estea un pouco dourada engadimos o viño branco. 




De seguir, agregamos o brócoli, lavado en cortado en pequenos ramos, o tomate triturado, a mostaza e a cúrcuma. Mesturamos de novo e cociñamos 8-10 minutos, aproximadamente.  



Limpamos e laminamos os cogomelos (nós utilizamos xitake e champiñóns) e mesturamos moi ben. 


Cociñamos 4-5 minutos máis e colocámola sobre a fonte apta para o forno. 


Alisamos a superficie da carne e estendemos unha capa de puré de pataca. 





Botamos o queixo relado ao noso gusto. 


Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 10-15 minutos, 


E xa está preparado para comer! Que aproveite! 


Xa vedes que sinxelo de preparar un prato que nos dea para varias comidas, de sermos poucos, ou para satisfacer a varios larpeir@s. Neste shepherd's pie, a fin de contas, hai moitos elementos coñecidos e que xa sabemos como funciona: queixo, carne, champiñóns... Éxito seguro. Agora só queda procurar momento para probar este gorentoso prato. Podendo ser hoxe... mellor que mañá! Unha aperta ben calorosa!!! 

8 comentarios:

  1. Uhmmmmmmm rico, rico!!, un pratiño ben fácil de preparar e ben completo.

    Bicosssssss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, a verdade é que moi completo xa que ten de todos os nutrientes e, ademais, está delicioso, hahaha!
      Un bico e grazas!

      Eliminar
  2. Uummmmmmmmmmmm me pido un plato por fi plis ya sea con carne de porco o cordeiro ,te ha quedado de relujo y seguro estaba de muerte relenta.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha! Temos que intercambiar pratos para poder probar todo ;)
      Apertas e grazas!!

      Eliminar
  3. Cando eu traballaba en inglaterra explicáronme o por que da escasa cociña inglesa. Pola segunda guerra mundial, os ingleses, que son moi firmes, abandoaron por completo a comida tradicional por unhas receitas máis axeitadas e indicadas polo goberno e logo nunca máis a recuperaron.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois deberían voltar a esa cociña tradicional que ten de ser marabillosa!! Mil grazas pola información!
      Unha aperta enorme!

      Eliminar
  4. Ahí sí que me díchedes ben!! Canta debilidade teño eu por este prato, rapaces! Eu o prefiro tamén con porco ou tenreira, pero ei de dicir que ata con cordeiro é saborosísimo e un clásico dunha celebración tan especial para as xentes do Reino Unido e os estadounidenses de orixe inglés e mesmo irlandés coma o Thanksgiving. Claro que o millor é que se pode preparar cando a un lle pete e nestes días invernais apetece un montón.

    Graciñas por compartir a vosa receita e vos deixo unha das moitas que teño, pola que sinto debilidade. É de Williams-Sonoma http://blog.williams-sonoma.com/shepherds-pie/# ó millor, algún día lle votades unha ollada e se tedes ganas de variar de receita, pois tirades desta. Non ten fallo, é unha das cousas que máis me gustan desta web.

    Graciñas mil por compartir e bicos a moreas para os dous!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que boa tamén e esa receita, xa a gardamos na nosa carpeta de pendentes!! Que boa é a cociña e ir mesturando diferentes receitas!!
      Mil grazas por todo e moitos bicos!!

      Eliminar