sábado, 9 de xaneiro de 2016

Solombo con salsa á pementa verde

Señoras, señores, están tod@s aí? Non vos levou o río nin o aire?? Pois iso xa é para estar content@s porque metímonos no inverno ben de cheo. Mais sempre hai que ollar todo de forma positiva. Para nós estes son os mellores días para pasar mañás ou tardes enteiras argallando novos pratos na cociña, facendo algunha larpeirada e demais. Como pasear non se pode...
E así faremos esta fin de semana, mais tamén aproveitamos para vos traer outra das nosas receitas para seguir sumando. Xa sabedes que por estas datas sempre aproveitamos de todo o cociñado no Nadal por iso temos hoxe un outro destes pratos que tiveron protagonismo nos nosos menús. Un outro clásico para amantes da carne, feito desde a sinxeleza xa que unimos carne, patacas e unha salsa moi simple mais cun sabor inconfundíbel e que dá marabillosamente co solombo. E iso ben o saberedes a maioría xa que seguro que degustastes este prato algunha vez en restaurante. Mais o caso é comprobar que todo se pode facer caseiro con igual éxito. Ou máis! Aí vai:


Solombo con salsa á pementa verde

Ingredientes:
  • Bistés de solombo de porco
  • Sal de Maldon
Para a salsa:
  • 500 ml de nata para cociñar
  • 1 culleriña de graos de pementa verde
  • Un chisco de brandy
Utensilios: unha prancha, un cazo, un chisqueiro, un batedor eléctrico e un prato para servir.

Elaboración:

Para comezarmos temos de facer a salsa. Para iso, quentamos o cazo e, cando estea quente, engadimos a culleriña de graos de pementa verde.


Deixamos que se rustran uns segundiños e engadimos o brandy.


Coa axuda do chisqueiro, flamexamos o licor (como vedes, fixemos este prato o mesmo día que as ameixas, hahaha). 


Deixamos cociñar un par de minutos e engadimos a nata e deixamos cociñar a lume medio-alto durante 20 minutos para que reduza a nata. 


Pasado ese tempo, trituramos a salsa coa axuda do batedor. 


Servimos nunha salseira. 


A continuación, fritimos os bistés de solombo na prancha, sen aceite, e cun chisco de sal de Maldon. O punto de cocción dependerá do voso gusto, a nós, gústannos máis ben tirando a pasadiños. 


Servimos os bistés acompañados de patacas fritas, asadas ou cocidas, ensalada, pan ou o que máis vos guste. 


Salseamos ao gusto de cadaquén; podemos deixar a salseira na mesa por se algunha persoa quere máis salsiña, e a comer!! 


Esperamos que vos guste, mais xa vedes que é un prato que entra polo ollo con esa combinación de cores e continúa no padal cos contrastes dunha salsa tan intensa como a de pementa e esta carne tan suave e exquisita. Desde logo, esta receita pasa á listaxe de ideais para días especiais. Un menú cun prato coma este xa gana, e moito! 
Así, esperemos que lle podades tirar tanto beneficio como estamos vendo que lle tirastes neste Nadal a outras das receitas de Bolboretas no bandullo. Non hai nada que anime tanto que saber das vosas probas gastronómicas. Adiante con elas. Unha aperta coma un mundo!


7 comentarios:

  1. Hehehe... Eu todavía estou presente, pero se o temporal non me levou polos aires é só porque metínme na casa co firme propósito de non pisalo chan en toda a finde... E claro, coma ben dicides no post, non hai mellor forma de invertilo tempo que na cociña. E vós non o perdedes ¡non! O revés, sacádeslle bó partido, como nos tedes acostumados. ¡Menudo prato máis rico! Nos vos imaxinades o moitísimo que me gusta a salsa de pementa... E a carne... E mailas patacas fritas... ¡Gústame todo moitísimo! E me levo a receita da salsa que non a tiña e lle vou sacar moita chicha hahahah

    ¡Graciñas rapaces! ¡E bó Domingo e mellor semana!

    ¡Bicos grandes!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas por estar sempre por aquí!!!! E encántanos que che gusten as nosas receitas e que lle saques moito partido!!
      Bicos mil e feliz semana!

      Eliminar
  2. Este é un prato que de boa gana xantaba hoxe mesmo. Cá súa salsiña, as súas pataquiñas ó carón...anda que non iba a rebañar ben ese prato con un bo cacho de pan na man.

    Bicos mil e feliz semana :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu tamén o comía de boa gana, hahahaha!! Co saboroso que está ;)
      Bicos e grazas por comentar!!

      Eliminar
  3. Este é un prato que de boa gana xantaba hoxe mesmo. Cá súa salsiña, as súas pataquiñas ó carón...anda que non iba a rebañar ben ese prato con un bo cacho de pan na man.

    Bicos mil e feliz semana :)

    ResponderEliminar
  4. Uummmmmmmmmmmm como me gusta salsear anda que no me estas tentando con el solomillo y las patatas tambien ehh pero esa salsiña es de no dejar de mojar pan ,te ha quedado un plato de relujo.
    Bicos mil y feliz semana wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha, a nós tamén nos pasa coas salsas, son unha perdición, haha!!
      Moitísimas grazas!!! Bicos

      Eliminar