Xa vos diciamos que estiverades pendentes que ía haber unha segunda parte desas marabillosas ameixas á mariñeira e así é. E imos cara a un prato fondo. Aínda que non resulta frecuente encontrardes por Bolboretas no bandullo receitas de prato fondo, desta volta tiñamos todo a favor. Ademais, que tiramos de factor emotivo, xa que esta delicia rara vez a encontramos en ningún restaurante, porén, desde ben pequenos a degustamos na nosa casa o día despois de facermos ameixas ou berberechos á mariñeira.
A festa do xantar ou cea con marisco ten continuación nesta sopa de sabor intenso cun certo carácter recuperador para o día despois dalgún exceso. Alén de estarmos reutilizando un prato do menú, estamos logrando todo un manxar líquido para o que podedes deixar algunha ameixa. Nós somos tan lambóns que xa as comimos todas o día anterior, ficando co mollo.
E senón, que íades facer con toda esa salsa? Sería demasiado acabala a base de pan, e tirala? Nin de broma. Pois este recurso queda convosco para as mellores ocasións. Veredes, veredes!
A festa do xantar ou cea con marisco ten continuación nesta sopa de sabor intenso cun certo carácter recuperador para o día despois dalgún exceso. Alén de estarmos reutilizando un prato do menú, estamos logrando todo un manxar líquido para o que podedes deixar algunha ameixa. Nós somos tan lambóns que xa as comimos todas o día anterior, ficando co mollo.
E senón, que íades facer con toda esa salsa? Sería demasiado acabala a base de pan, e tirala? Nin de broma. Pois este recurso queda convosco para as mellores ocasións. Veredes, veredes!
Sopa mariñeira de ameixas
- 100 gr de fideos
- Sobrante da salsa das ameixas
- 2 vasos grandes de auga
- 1 culleriña de colorante
Elaboración:
Para comezarmos, botamos a salsa que nos sobrou das ameixas (receita aquí) nun cazo ou pota, depende da cantidade que teñades.
Engadimos os dous vasos de auga.
E, tamén, a culleriña de colorante.
Quentamos a lume medio-alto até que comece a ferver e agregamos os fideos. Deixamos cociñar segundo nos indique o paquete; a nós levounos 10-12 minutos.
Servimos e xa estaría preparada para comer!!
Non sabemos se na vosa casa tamén adoitades preparar este tipo de sopas de proveito, mais considerámolo un dos grandes inventos da gastronomía mundial.
Así estiraredes máis os días de goce larpeiro, non caendo na tristeza dos días seguintes á devoración de marisco, haha.
Ben, deixámosvos para que desfrutedes desta xornada especial e que vos quededes con esta idea para cando fixer falta. Se cadra, talvez botades man dela xa mañá ou pasado mañá... Unha aperta grande como un mundo!
Seguro que estaba deliciosa al igual que las almejas a la marinera uummmmmm me encantan y las tuyas se ven de lo mas tentadoras.
ResponderEliminarLos nevaditos me encantaaaaaaaaan son una cucada ,felicidades por esos dos años en la red, me alegra hayais cumplido vuestro objetivo,seguro que al ganad@r de la tableta de turron y los nevaditos no dejara de haceros la ola cuando los cate.
La lasaña de espincas y setas divinisimaaaa de buena gana daba cuenta de un trozo ahora.
Bicos mil y Feliz año wapa.
Moitísimas grazas!!! Agradécense moitísimo as túas palabras!
EliminarUn bico e feliz ano a ti tamén!!
que buena idea!! es un plato de provechamiento para hacerle la ola, menduda sopiña tan rica!! esto no me lo pierdo la proxima vez que haga almejas a la marinera, me encanta esta propuesta, biquiños
ResponderEliminarMoitísimas grazas guapa! Tamén está moi rica coa salsa dos mexillóns ou berberechos ;)
EliminarApertas!!
Xenial! É incrible pero nunca se me ocorreu aproveitar a salsa das ameixas deste xeito e abofé que é unha receita de aproveitamento boísima!! Parabéns, rapaces! Que ben o facedes todo!!
ResponderEliminarBicos xigantes!
Yoly
Hai que aproveitar todo!! E esta salsa co rica que está... non se pode perder, hahaha!!!
ResponderEliminarApertas enormes e grazas por estar sempre por aquí!!