Xa fin de semana! Tardaba, verdade?? Para nós esta foi unha semana moi boa así que tampouco tiñamos moita présa por que remara, mais si é verdade que sempre agardamos impacientemente polo sábado para vos traer unha nova receita. E hoxe toca unha nova larpeirada, non por doce, senón porque cremos que só con maxinala, xa se nos fai a boca auga...
Vimos hai tempo en Youtube unha receita en inglés similar a esta e decicimos preparala xa que existe algo mellor que eses produtos que gardan un centro de queixo que se derrete na nosa boca ao meterlle o dente? E si, nesta receita, o queixo obtén o protagonismo, aínda que se acompaña moi ben dunha masa integral e toque allado, que sempre se fai imprescindíbel.
Que tal os vedes para acompañar un pouquiño de pasta? Mmmmm...
Boliños integrais de allo e mozzarella
Ingredientes (para 20 boliños):
Para a masa:
- Unha bóla de mozzarella
Para pintar os boliños:
- 30 gr de manteiga
- 1 dente de allo
- 1 culleriña de ourego
- Un chisco de sal
Utensilios: unha cunca grande, un vaso, un garfo, papel vexetal, papel transparente, un coitelo, un cazo e un pincel.
Elaboración:
Para comerzarmos temos de preparar o buttermilk, se é que non o encontramos no mercado. Para iso, botámoslle a 200 ml de leite, unha cullerada de zume de limón, mesturamos ben e deixamos repousar 10 min para que espese un pouco; e xa estaría listo.
A continuación, mesturamos a fariña, o azucre, o sal, o allo e a cebola.
Removemos ben e engadimos a manteiga.
Agregamos o buttermilk e mesturamos moi ben coa axuda das mans até obter unha masa homoxénea.
Envolvémola con papel transparente ou metémola nunha bolsiña de plástico e refrixeramos durante 10-15 minutos.
Estiramos a masa coa axuda dun rolete.
Cortámola en cadradiño, máis ou menos iguais, e colocamos, sobre cada un, un anaco de mozzarella.
Tapamos a mozzarella e, coa axuda das mans, facemos pequenas boliñas tentando que queden ben seladas para que no forno fuxa o menos queixo posíbel.
Forneamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 18 minutos. Non vos preocupedes se se escapa algo de queixo, xa que é normal.
Mentres se temperan un pouco, preparamos o "glaseado" para pintalos. Botamos nun cazo a manteiga, o ourego, o allo moi picadiño e o sal.
Quentamos até que se funda toda a manteiga.
Coa axuda dun pincel, pintamos os boliños.
E xa estarían preparados para comer!! Pódense tomar tanto quentes coma fríos, estarán deliciosos das dúas formas ;)
Nós, que somos un pouquiño lambóns, collimos unha bolsiña e fomos para o cinema con estas delicias. Non sabedes canto mellor non se ve así un filme, haha. E iso que nós somos moitísimo de flocos de millo, mais isto é outro nivel, hehe.
Xa sabedes, cando hai receitas tan saborosas, pódenselle dar mil e un usos. Esta queda desde xa nas vosas mans. Pasade unha fin de semana inmellorábel. Unha fortísima aperta, amig@s!
Que marabilla! Grazas por incluír o integral nas receitas! ;) Un bico grande!
ResponderEliminarA verdade é que cada vez somos máis de integral e ademais é moito máis saudábel!
EliminarOutro bico para ti e grazas!
Te han quedado de relujo y me imagino lo riquisimos que tienen que estar otra receta que me llevo a mi carpeta de pendientes seguro que en casa seran un exito.
ResponderEliminarBicos mil wapa.
Pois xa nos contarás que tal! Se non se acabaran, mandábache un para que probases!! Bicos e grazas!
Eliminar