sábado, 15 de novembro de 2014

Torta oreo

Chegamos xa ás 20000 visitas en menos dun ano! O que nos fai sentir moi orgullosos xa que isto é todo pracer: probar diferentes pratos e argallar na cociña, e presentárvolos a vós para que teñades novas ideas e sobre todo para que comprobedes que de todo se pode falar en galego, e aínda máis de gastronomía, algo en que destacamos historicamente. Así que millóns de grazas a vós por nos lerdes a diario :-) Dá moita alegría, de verdade, e dá azos para continuarmos.
E o prato non podía desmerecer a cifra, así que hoxe touxemos unha das tortas máis gorentosas dos últimos tempos e que está creada a partir desas galletas que tanto vos saben a moitísimos de vós, as Oreo. É unha sobremesa ben diferente tanto na forma como no sabor, xa que posúe unha mestura moi intensa. No caso de a probardes, comprobaredes ademais o farturenta que é, e como ninguén quedará con fame. Aquí a tedes!


Torta oreo

Ingredientes:

Para a base:
  • 240 gr de galletas oreo
  • 70-80 gr de manteiga
Para o recheo:
  • 700 gr de queixo Philadelphia (ou similar)
  • 160 gr de azucre
  • 40 gr de fariña
  • 100 ml de nata
  • 60 ml de Baileys (ou similar)
  • 2 ovos
  • 16 galletas oreo
Para a cobertura:
  • 140 gr de chocolate con leite
  • 100 ml de nata
  • 50 ml de Baileys (ou similar)
  • 30 gr de manteiga
  • 10 galletas oreo
  • 50 gr de chocolate branco
  • Perlas comestíbeis de cores

Elaboración:

Para comezarmos con esta delicia, temos que preparar a base da torta. Para iso, trituramos as galletas oreo (crema incluída) e mesturamos coa manteiga derretida até formar unha pasta. Colócamola coa axuda das mans no fondo do molde e refrixeramos para que endureza. 


Mentres temos a base refrixerada, preparamos o recheo. Batimos o queixo co azucre e a fariña, de seguir, engadimos os ovos un a un. 

A continuación, agregamos o Baileys e mesturamos ben. De seguido, tamén engadimos a nata. 

Agora, partimos coas mans as galletas oreos e mesturámolas ben coa masa. 



Enfornamos a 170º, calor arriba e abaixo, durante 40-45 minutos. Reservamos até que se temple. 






Por último, temos de facer a cobertura e decorar a torta. Comezamos quentando a nata e engadímoslle o chocolate e removemos até que se derrita, retiramos do lume e engadimos a manteiga e o Baileys e mesturamos moi ben. 


Botamos o chocolate sobre a masa. 

                                                             

Colocamos sobre o chocolate unhas galletas oreo e unhas perlas de cores (nós utilizamos rosas e prateadas) e, para finalizar, derretemos o chocolate branco e facemos unhas liñas, coa axuda dunha culler, sobre a torta. Refrixeramos durante unhas horas, mellor unha noite e lista para comer! 


Menuda delicia!!! E xa vos digo, unha ración havos de chegar, o que pasa é que nas seguintes sobremesas habedes de querer máis e claro, nalgún momento se acaba, haha. Nós aproveitamos para a facer con motivo do meu aniversario e a verdade é que a elección foi do máis acertada. Tod@s @s convidad@s quedaron satisfeitos, mais principalmente eu, que a desfrutei ao máximo. É unha desas tortas das que namorar, así que vos animo a probala. Por certo, o toque de Bayleis.... Boa fin de semana lambonciñ@s!

8 comentarios:

  1. Que torta tan rica! se ve deliciosa, bicos

    ResponderEliminar
  2. Ummmmmmmmmm que cosa mas rica por favor ,seguro esta de muerte relenta con tu permiso tomo nota seguro que me va a gustar.
    La empanada de mejillones al igual que las cañas rellenas de la crema de castañas te han quedado de relujo tambien.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas! Claro que podes tomar nota, e agradeceríache que, se a fixeses, me enviases unha foto :D:D:D
      Moitos bicos!!

      Eliminar
  3. ¡¡Parabéns, Diana!!

    Alégrome moitísimo por todos eses visitantes que se asomaron a este recuncho delicioso da Blogosfera... ¡e no que ademáis fálase a nosa lingua materna!

    A tarta para celebrar ten unha pinta boísima... ¡as Oreo ten multitude de fans!

    ¡Deséxote miles de visitantes máis, sobre todo dos que se quedan para sempre e que Bolboretas no Bandullo cumpra moitos moitos anos cheos de dozuras coma a de hoxe!

    ¡Moitos bicos e unha aperta moi grande! :) :)

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas! Esas palabras son moi significativas para min :')
      Grazas de novo por estar sempre aquí!
      Unha aperta!

      Eliminar
  4. Ola moi boas son Alberto estou convencendo a miña madrastra para facelo ten moi boa pinta.
    MOITOS PARABENS RAPARIGOS
    Bicos para Diana e Ramona (Dani-David)

    ResponderEliminar
  5. Oh!! Que visitante máis ilustre tivemos en Bolboretas no bandullo! Alegrámonos moito que pasaras por aquí e que che teña boa pinta a torta. Tes que convencela como sexa para que cha faigan porque segurísimo que che encantará! Unha aperta ;-)

    ResponderEliminar