Levamos unha tempada do máis mexicanos. En calquera momento poñémonos a cociñar co poncho e cantando rancheiras, haha. Como os produtos do país azteca están bastante de moda e se comercializan moi ben, queremos mostrar como podemos elaboralos tamén na casa sen perder o sabor tradicional.
Despois das fajitas, atrevímonos cuns burritos. Despois de probar exitosamente coa elaboración das tortillas, ficábanos o sazonador para lograr que estes burritos fosen totalmente caseiros. E así foi. Cunha sinxela mestura de especias conseguimos o toque tan característico deste prato.
O nome é do máis curioso, aínda que non está moi clara a súa orixe. A teoría máis arriscada defende que a denominación deriva do parecido da tortilla envolta coa orella dos coñecidos animais de dito nome. Moito supoñer, creo eu, haha. O que si, identifícase como un termo da zona de Guanajuato, que despois se estendeu a todo México e a todo o mundo. De México para Galiza!
Burritos mexicanos da casa
Ingredientes (para dúas persoas):
- 2 tortillas mexicanas (receita aquí)
- 200 gr de carne picada
- 1/2 vaso de auga
- Leituga picada
- Queixo relado ao gusto
- 1 dente de allo
- Perexil
- 2 culleradas de aceite
- Sazonador:
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer as nosas tortillas (tedes a receita neste enlace) e, a continuación, preparamos o sazonador. Para iso, botamos nun bote (que se poda fechar) o allo en po, o comiño, o pemento picanto, o pemento doce e a cullerada de ourego, tapamos o bote e movémolo ben para que queden ben mesturadas. Reservamos.
Cando mude de cor, engadimos dúas, ou tres, culleradas do sazonador e mesturamos ben.
De seguir, agregamos a auga pouco a pouco. Mesturamos ben e deixamos que reduza durante 10-15 minutos.
Seguidamente, quentamos as tortillas e colocamos unha pouca de leituga, cortada en tiras, e sobre ela, a carne.
Enrolamos as tortillas co recheo e... listas para comer!
Se gustades deste tipo de comida, vaivos encantar esta receita e con seguridade que non volveredes mercar nin sazonador nin tortillas. É unha óptima opción para deixar satisfeit@s aos convidad@s. Cada un/unha pode botar a cantidade de carne que desexa, e se tedes frijoles pola casa mesmo tamén os podedes incluír para lle dar un toque aínda máis mexicano.
Nós desta volta fixemos nada máis que dous porque era para unha cea lixeira, mais tede en conta que cada persoa comerá con facilidade máis dun burrito. Normal, é que están deliciosos!! Probade, probade! Co día de treboada que está, apetece moito cociñarmos :-) Apertas
Esta e 1 desas grandes receitas practicas. Moitas gracias!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarLoli
Moitas grazas!
EliminarUn saúdo!