martes, 17 de xuño de 2014

Muffins de chocolate

Despois duns días con isto algo parado debido aos últimos exames dos rapaces e rapazas, volvemos hoxe cunha moi boa receita, muffins de chocolate, unha outra alternativa ás madalenas tradicionais. É certo, que nos estamos deixando levar un pouco polos anglicismos que inundan a respostaría, mais a verdade é que nós procuramos notar ou marcar algún punto de diferenza a través dos produtos traballados. Nesta ocasión, a chave está no toque a chocolate a través de pequenos cachiños que fan destes muffins un produto ideal para o almorzo ou a merenda.

Muffins de chocolate

Ingredientes:
  • 160 gr de fariña
  • 90 ml de leite
  • 90 gr de chocolate con leite  
  • 75 gr de chocolate con leite (para fundir)
  • 65 gr de manteiga
  • 60 gr de azucre moreno
  • 1 ovo
  • 1 culleriña de lévedo
  • 1 culleriña de bicarbonato
  • 1 culleriña de esencia de vainilla
  • 1 culleriña de zume de limón

Elaboración: 

Para comezarmos, temos de mesturar o leite co zume do limón e deixalo repousar mentres mesturamos o resto dos ingredientes. 

De seguir, fundimos o chocolate coa manteiga ao baño maría. Engadimos o azucre e mesturamos ben. 






A continuación, engadimos o ovo, o leite e a fariña mesturada co lévedo e o bicarbonato.  



Finalmente, engadimos o chocolate cortado en anaquiños e repartimos a masa nas cápsulas. 







Enfornamos a 180º, calor abaixo e ventilador, durante 25 minutos, aproximadamente, deixamos que arrefríen un pouco e listos para comer!


Saíron perfectos e resultaron ser bastante farturentos así que non procuredes facer moitos xa que un por persoa, en principio, debería chegar dabondo. E xa sabedes, esta é unha idea para os elaborardes, mais despois podedes darlle o voso toque engadindo o sabor que máis vos guste: amorodos, plátanos, chocolate branco... É unha cuestión de lle pór imaxinación e desfutar facéndoos. Bo martes e desfrutade deste doce tan saboroso larpeir@s! ;-)

2 comentarios:

  1. Ummmmmmmmmmmm babeando me tienes con esos muffins de chocolate y hace un buen rato que ya he cenado te ha quedado de relujo.
    Los champis rebozados y fritos me han encantado tomo nota seguro estaran de vicio.
    Las alas de pollo con la salsa barbacoa te han quedado de relujo y doy fe estan de vicio yo tambien las hago.
    La focaccia y el salmon en papillote se ven fantasticos y seguro saben mejor.
    Y esas crostatas con la nocilla ummmmmmmmmmm tentadoras a mas no poder , se nota que no me gusta nada el dulcerio verdad jajaja.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas polo teu comentario e pola túa visita. Encantaríame ver as túas fotos se elaboras calquera das receitas :D
      Si que se nota que che gusta o doce, hahaha mais non te preocupes que a min tamén me encanta.
      Un bico :D:D

      Eliminar