Xa chegou o sol e aquí seguimos con novas receitas!! E volvemos tirar dun dos nosos produtos favoritos: os cogomelos, que na cociña son un recurso óptimo. Desta volta, decidimos darlles un protagonismo principal, nun prato rapidísimo de elaborar en que eles son o máis importante: cogomelos crocantes. E iso é o bo, serven de entrantes, de acompañantes ou de prato central, toda unha xoia, que ademais nos ofrece diferentes vitaminas (B6, C, D), potasio e niacina. E o que nos interesa, o sabor é boísimo, e máis aínda con esta receita que os fai máis divertidos:
Cogomelos crocantes
Elaboración:
Para comezar, tenemos que lavar os cogomelos cun pano húmido e cortalos en catro anacos. A continuación, pasámolos por ovo batido e pan relado e fritímolos en abundante aceite. Colocámolos en papel absorbente para eliminar o exceso de aceite e xa estaría listo para comer!
Como vedes, unha receita moi moi sinxela e rápida que aseguro que vos encantará. Eu probeina nun restaurante a semana pasada e namorei polo que decidín probala e saíu... excelente! A min xa me encantan así sós, mais é probábel que vos a prefirades con algún tipo de mollo; con maionesa ou alioli seguro que están de vicio. Ben, aquí vos deixo unha receita válida para o xantar ou cea e que é irresistíbel. Desfrutádea lambonciñ@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario