Despois duns días con isto algo parado debido aos últimos exames dos rapaces e rapazas, volvemos hoxe cunha moi boa receita, muffins de chocolate, unha outra alternativa ás madalenas tradicionais. É certo, que nos estamos deixando levar un pouco polos anglicismos que inundan a respostaría, mais a verdade é que nós procuramos notar ou marcar algún punto de diferenza a través dos produtos traballados. Nesta ocasión, a chave está no toque a chocolate a través de pequenos cachiños que fan destes muffins un produto ideal para o almorzo ou a merenda.
Muffins de chocolate
- 160 gr de fariña
- 90 ml de leite
- 90 gr de chocolate con leite
- 75 gr de chocolate con leite (para fundir)
- 65 gr de manteiga
- 60 gr de azucre moreno
- 1 ovo
- 1 culleriña de lévedo
- 1 culleriña de bicarbonato
- 1 culleriña de esencia de vainilla
- 1 culleriña de zume de limón
Elaboración:
Para comezarmos, temos de mesturar o leite co zume do limón e deixalo repousar mentres mesturamos o resto dos ingredientes.
De seguir, fundimos o chocolate coa manteiga ao baño maría. Engadimos o azucre e mesturamos ben.
A continuación, engadimos o ovo, o leite e a fariña mesturada co lévedo e o bicarbonato.
Finalmente, engadimos o chocolate cortado en anaquiños e repartimos a masa nas cápsulas.
Enfornamos a 180º, calor abaixo e ventilador, durante 25 minutos, aproximadamente, deixamos que arrefríen un pouco e listos para comer!
Saíron perfectos e resultaron ser bastante farturentos así que non procuredes facer moitos xa que un por persoa, en principio, debería chegar dabondo. E xa sabedes, esta é unha idea para os elaborardes, mais despois podedes darlle o voso toque engadindo o sabor que máis vos guste: amorodos, plátanos, chocolate branco... É unha cuestión de lle pór imaxinación e desfutar facéndoos. Bo martes e desfrutade deste doce tan saboroso larpeir@s! ;-)
Ummmmmmmmmmmm babeando me tienes con esos muffins de chocolate y hace un buen rato que ya he cenado te ha quedado de relujo.
ResponderEliminarLos champis rebozados y fritos me han encantado tomo nota seguro estaran de vicio.
Las alas de pollo con la salsa barbacoa te han quedado de relujo y doy fe estan de vicio yo tambien las hago.
La focaccia y el salmon en papillote se ven fantasticos y seguro saben mejor.
Y esas crostatas con la nocilla ummmmmmmmmmm tentadoras a mas no poder , se nota que no me gusta nada el dulcerio verdad jajaja.
Bicos mil wapa.
Moitísimas grazas polo teu comentario e pola túa visita. Encantaríame ver as túas fotos se elaboras calquera das receitas :D
EliminarSi que se nota que che gusta o doce, hahaha mais non te preocupes que a min tamén me encanta.
Un bico :D:D