Xa estamos de fin de semana e por iso traémosvos unha das nosas mellores tortas porque xa sabemos de varias persoas que levaban tempo agardando a vela por aquí. De feito, é unha torta que nos demandaron nun par de ocasións para facela para uns aniversarios. Cómpre sermos sinceros, a idea foi do primeiro en ma encargar. Preguntou se sería posíbel facer unha sobremesa con produtos de Kinder e nós executamos a idea, e como ides ver é unha oda ao chocolate e ao doce. Do mellor que hai. É certo que sae un pouco cara debido aos produtos utilizados xa que a marca é cara, mais se vos digo a verdade, para facer nun día especial, merece a pena. É a maior tentación para aquelas e aqueles que gustamos tanto do Kinder. Aí a tedes:
Torta kinder
- 1 biscoito (nós fixemos este, sen cacao e o dobre de cantidade)
- 450 gr de crema kinder
- 6 paquetes de kinder bueno branco
- 9 paquetes de kinder bueno normal
- 1 paquete de kinder maxi
- 2 ovos kinder
Elaboración:
Para comezarmos a elaborar esta torta debemos facer o biscoito, o que máis vos guste, e deixar que arrefríe. De seguir, abrimos o biscoito en tres partes coa axuda dunha lira ou dun coitelo ben afiado. Colocamos a base xa na fonte en que imos presentar a torta e estendemos unha capa de crema kinder.
A continuación, colocamos uns anacos de kinder, mesturando o bueno e o maxi. Despois, colocamos a outra capa do biscoito e, de novo, unha capa de crema kinder e uns cachiños das barriñas de chocolate.
Para rematar, poñemos a última capa do biscoito e estendemos unha pouca de crema, para que queden fixados os bocados kinder. E decoramos ao noso gusto, nós fixemos circulos intercalando o kinder bueno branco e o normal e no centro da torta os dous ovos kinder. Así mesmo, no borde do prato, puxemos anacos de kinder maxi e de kinder bueno.
Ohhhhhhhhhhh!!! Dá ganas de meterlle o dente ás fotos. Resulta sinxela de facer, e asegúrovos que merece moitísimo a pena. Os e as comensais quedaron encantad@s. Se vos gusta o sabor de Kinder penso que esta será a torta máis rica que comades en moito tempo. Que boa!!!! @s máis larpeir@s non resistirán, ben
o sabemos, haha. Desfrutádea!! ;-)
¡Ai, ai. ai!
ResponderEliminar¡Ista torta é unha auténtica tentación! ¡Unha delicia!
¡Parabéns polo éxito que tivo e que seguro terá con cada persoa que lle bote unha ollada! E xa non digo ós que lle poidan botar o dente... hahaha
¡Unha aperta e feliz Domingo!
Yoly.
Si que é unha tentación, irresistíbel con tanto doce que leva, hahaha!
EliminarMoitísimas grazas polo teu comentario e desfruta do domingo!!