Xa estamos de fin de semana e por iso traémosvos unha das nosas mellores tortas porque xa sabemos de varias persoas que levaban tempo agardando a vela por aquí. De feito, é unha torta que nos demandaron nun par de ocasións para facela para uns aniversarios. Cómpre sermos sinceros, a idea foi do primeiro en ma encargar. Preguntou se sería posíbel facer unha sobremesa con produtos de Kinder e nós executamos a idea, e como ides ver é unha oda ao chocolate e ao doce. Do mellor que hai. É certo que sae un pouco cara debido aos produtos utilizados xa que a marca é cara, mais se vos digo a verdade, para facer nun día especial, merece a pena. É a maior tentación para aquelas e aqueles que gustamos tanto do Kinder. Aí a tedes:
Torta kinder
- 1 biscoito (nós fixemos este, sen cacao e o dobre de cantidade)
- 450 gr de crema kinder
- 6 paquetes de kinder bueno branco
- 9 paquetes de kinder bueno normal
- 1 paquete de kinder maxi
- 2 ovos kinder
