xoves, 15 de maio de 2014

Empanada de millo con carne e cogomelos

Xa non é a primeira vez que optamos por un dos produtos estrela da gastronomía galega, a empanada, da que non nos cansaremos de destacar o seu valor. Porén, hoxe probamos a variar a masa para facela con millo, o que a fai un pouco máis complexa de elaborar, mais que lle achega un punto diferente que fai que mereza a pena, canto menos unha vez, para compararmos e despois escoller a nosa preferida.
E aproveitando que nos sobrara un pouco de carne picada doutro prato que estabamos a preparar, decidimos reenchelas disto, xunto cun pouco de queixo e claro, os cogomelos, que nunca poden faltar.
Aí vos vai, para que vos abra o apetito :-)

Empanada de masa de millo con carne e cogomelos

Ingredientes:

Para a masa:
  • 250 gr de fariña de millo
  • 100 gr de fariña de forza, máis extra
  • 5 culleradas de aceite
  • 20 gr de levadura de panadaría
  • 100 ml de auga tíbia
  • 1 ovo
  • Un chisco de sal
Para o recheo:
  • 200 gr de carne picada
  • 12 cogomelos Portobello
  • 1 cebola
  • 50 gr de queixo de Arzúa-Ulloa
  • 3 culleradas de salsa de tomate
  • 2 culleradas de aceite
  • Especias ao gusto
  • Sal
Elaboración:

Para la masa:

Nun recipiente mesturamos os dous tipos de fariña. Botámoslles o fermento diluído na auga, o sal e o aceite e imos mesturando pouco a pouco, até formar unha bóla, se é necesario engadimos máis fariña de forza. Esta masa non é tan elástica como a de trigo polo que teremos que ter máis paciencia á hora de amasar. Tapamos a masa e deixamos reposar durante unha hora. 


Mentres a masa repousa, preparamos o recheo. Para comezar, rustrimos a cebola picada en dúas culleradas de aceite. Pasados uns minutos, engadimos a carne picada previamente adobada co sal e as especias e mesturamos ben. 

Cando a carne mude de cor, botamos os cogomelos picados e, cando estes estean feitos, a salsa de tomate. Para rematar, engadimos uns dadiños de queixo, reservando a metade para despois, e mesturamos ben. 





Chegou a hora de montar a nosa empanada! Enfariñamos unha superficie lisa e estiramos a metade da masa de millo. Seguramente o maior problema desta masa estea neste punto, xa que a masa quebra con facilidade e non ten a flexibilidade da de trigo. Debedes ter coidado, e recoméndovos que xa estiredes sobre o papel vexetal para que non teñades que movela despois. Posteriormente colocamos o recheo e o resto do queixo cortado en anacos.






Estiramos a outra metade da masa e tapamos o recheo. Selamos ben os bordos para que o recheo non saia durante a cocción e pintamos con ovo.



Enfornamos a 200º durante 25 minutos,deixamos que arrefrie un pouco e lista para comer!



O resultado foi tremendamente satisfactorio. Encantounos o punto de sabor que dá a masa de millo e que talvez a faiga un pouco máis farturenta. Se xa a empanada é un produto autóctono, aínda máis a desta versións xa que como sabedes o millo era antigamente un dos recursos máis útiles da alimentación galega. 
E de vez en cando, merece a pena probar con este outro tipo de masa. Douvos esta idea para o recheo que é totalmente saborosa, mais iso vai ao gusto do consumidor. Esta saíu perfecta!! Atrevédevos con ela lambonciñ@s! :-)

4 comentarios:

  1. me encanta la masa asi de finita y con ese relleno todo un lujo! bicos

    ResponderEliminar
  2. Bueno que pintazaaaaaaaaa tiene esta empanada, no tardare en copiarte la masa por que justo ayer me trajeron de coruña harina de millo y la otra masa me da mucho respeto al tener que ir estirandola a trocitos , seguro que con esta triunfo.
    Te ha quedado de relujo y seguro sabe mejor.
    Bicos mil y feliz finde wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Paréceme perfecto! Aínda que teñamos que ter máis paciencia con esta masa, o resultado merece a pena!
      Moitas grazas!
      Bicos e boa finde!

      Eliminar