Despois de probarmos varias receitas para elaborar estas deliciosas galletas con pebidas de chocolate, coa que mellor resultado obtivemos é con esta que hoxe vos presentamos, é do libro As lambetadas de larpeiros, aínda que nós fixemos algunha modificación. Son unhas galletas sinxelas que desde xa hai un tempo se están a converter nun clásico. Parece que a súa creación orixinaria se produciu accidentalmente nun restaurante dos EUA de comida tradicional, coa integración casual do chocolate nas galletas.
A verdade é que con moi pouco esforzo podemos lograr unhas bolachas realmente deliciosas; esas pebidas danlle un sabor realmente intenso. Aí vos vai:
Cookies
- 185 gr de fariña
- 165 gr de azucre moreno
- 140 gr de chocolate negro con améndoas
- 80 gr manteiga
- 1 ovo
- 1 culleriña de vainilla
- 1/2 culleriña de bicarbonato
- Un chisco de sal
Elaboración:
Para comezarmos, mesturamos a fariña peneirada, o azucre, o bicarbonato e o sal e engadímoslles o ovo ben batido.
De seguir, agregamos a manteiga e, coa axuda das mans, mesturamos ben. Despois, engadimos o chocolate cortado en anaquiños.
A continuación, formamos boliñas sobre a bandexa de forno, cuberta con papel vexetal e enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo co ventilador, durante 13 minutos, aproximadamente (o tempo de cocción vai variar segundo o tamaño das bolachas, máis temos de calcular entre 10 e 15 minutos).
Deixamos arrefriar e listas para comer!!
Se non sabedes que sobremesa ou merenda elaborar e queredes ir ao seguro, esta é unha das mellores opcións debido á súa sinxeleza e ao seu sabor exquisito. E se tedes pequen@s pola casa... tolearán con estas cookies. Unha delicia que debedes probar a facer. Bo domingo larpeiriñ@s ;-)
É o tipo de cookies que eu gosto
ResponderEliminarFicaram com muito bom aspecto e já me servia
Boa semana
bj
Oh, muito obrigada! São um clássico. Obrigada pela visita ao blogue e saudações ao país vezinho! :-)
ResponderEliminarDivinisimaaaaaaaas y seguro que estan de rexupete en mi casa te durarian un plis.
ResponderEliminarBicos mil wapa.
Na miña casa tampouco duraron moito... haha! Somos todos uns larpeir@s :D:D
EliminarGrazas polo teu comentario ;)