E como ultimamente imos intercalando (máis ou menos) receitas moi larpeiras con outras máis saudábeis hoxe toca unha destas segundas. Cociñamos cunha das verduras máis saborosas que hai, a berenxena. Con todo, teño a sensación de ser un produto non suficientemente valorado e que debería ter máis presenza en moitas dietas e na nosa alimentación xeral.
E unha das mellores formas para as degustar é reenchéndoas con máis verdura e un pouco de carne. Convértese entón nunha oda ás verduras que vos ha de encantar a moitos e moitas. Unha das mellores formas de comezar a comer berenxena; despois seguro que xa podedes ir probando con ela soa. É unha cuestión de irmos avanzando cara a unha alimentación máis saudábel e equilibrada.
Velaquí a nosa receita:
E unha das mellores formas para as degustar é reenchéndoas con máis verdura e un pouco de carne. Convértese entón nunha oda ás verduras que vos ha de encantar a moitos e moitas. Unha das mellores formas de comezar a comer berenxena; despois seguro que xa podedes ir probando con ela soa. É unha cuestión de irmos avanzando cara a unha alimentación máis saudábel e equilibrada.
Velaquí a nosa receita:
Berenxenas recheas
- 2 berenxenas grandes
- 100 gr de cabaza
- 1 cebola
- 1/2 pemento vermello
- 1/2 pemento verde
- 1 tomate
- Queixo relado ao gusto
- 1/2 vaso de viño branco
- 2 culleradas de aceite
- Allo en pó
- Pementa negra
- Especias aromáticas ao gusto
- Sal
Para comezar, temos de cortar as berenxenas pola metade, facerlles uns cortes na carne e cocelas durante 20 minutos con abundante sal.
Mentres se cocen as berenxenas, aproveitamos para facermos o recheo. Rustrimos a cebola e a cabaza picadas nas dúas culleradas de aceite durante 5 minutos, engadimos os pementos, tamén cortados en anaquiños, e fritimos durante 5 minutos máis.
Botamos a carne -adobada previamente co sal, a pementa negra e as especias- e rustrimos até que mude a cor, entón, engadimos o viño, o tomate e a carne da berenxena picados. Deixamos cocer durante 20 minutos, aproximadamente.
Coa axuda dunha culler, reenchemos as berenxenas e colocámoas nunha fonte apta para o forno. Botamos o queixo por riba e enfornamos a 200º, co grill, até que se funda o queixo. Tede en conta que se poden deixar preparadas con antelación e enfornar no último momento. E xa estarían preparadas para comer! Que aproveite!
Ten boa pinta eh!! En función do que máis vos guste podedes botar máis dun produto ou doutro. A min por exemplo encántame con bastante queixo por riba do recheo. Sexa como for, penso que unha vez probedes este prato, teredes un fabuloso recurso máis para os vosos xantares e ceas. Moi recomendábel, están deliciosas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario