martes, 14 de xaneiro de 2014

Hot Dog venezolano

A receita de hoxe vén desde América do Sul, máis concretamente desde Venezuela. Porén, nós coñecímola en terras mallorquinas cando pasabamos uns días coa familia de alí. Como comprobaredes é unha receita sinxelísima e deliciosa, ademais de rápida xa que vos pode sacar de algún apuro. Con ela seguro que sorprendedes aos vos@s convidad@s pola súa orixinalidade. 

Parece ser que o bocadillo de salchicha, (tamén coñecido como hot dog, cachorro quente ou perrito caliente) ten a súa orixe alá por 1867 e, ao contrario do que poderiamos pensar, non nos EUA, senón na Alemaña, levando posteriormente os bávaros este manxar a América na súa emigración. Canto ao nome, canto menos curioso e divertido, parece que veu dado por analoxía con ese can de corpo alongado que tod@s coñecedes. Estes bocadillos encontrámolos en postos de rúa en todo o mundo, mais aquí deixámosvos unha receita diferente para o facerdes nos vosos fogares.


Hot Dog venezolano

Ingredientes:
  • Salchichas 
  • Pan
  • Leituga 
  • Cebola
  • Cebola fritida
  • Queixo relado
  • Patacas fritidas de bolsa
  • Salsas ao gusto (Mostaza, ketchup, brava, ali-oli...)
Elaboración:
En primeiro lugar, temos de picar finamente a leituga e a cebola; así como esmagar as patacas fritidas. De seguir, collemos o pan e abrímolo pola metade (mellor se o facedes cun corte vertical xa que así non caeran os ingredientes e será moitísimo máis cómodo á hora de o comer). E reservamos.










As salchicas pódense fritir nunha tixola ou nunha prancha ou cocelas 2 min nun cazo con auga, nós neste caso fixémolas na prancha.
É a hora de montar o noso hot dog. Collemos o pan e, inicialmente, colocamos a salchica, despois o queixo, as cebolas, as patacas, a leituga e salseamos ao noso gusto. Cómpre sinalar que a orde pode ser a que máis vos guste.        




A Comer!! Bo proveito! Disfrutade dun dos pratos de cómida rápida máis consumidos no mundo, e este concretamente na Venezuela. E se facedes esta receita, non esquezades mandarnos as vosas fotos ao correo bolboretasnobandullo@gmail.com :-)

5 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Vaia pintaza, haberá que probar algunha destas marabillosas receitas.

    ResponderEliminar
  3. Respostas
    1. Non te arrempetirás de facelos e non te esquezas de mandarnos a foto para colgala posteriormente! :D:D:D
      Un saúdo e moita sorte co teu blogue!

      Eliminar