Amosando publicacións coa etiqueta festa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festa. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de novembro de 2020

Solombo á mostaza

Boas, bolboreteir@s! Como imos neste novembro sen bares? Non nos podemos queixar moito que canto menos estamos a ter sol para saír pasear. Aquí agradecémolo moito, sobre todo polo peque. 

E esta maña dedicámolo a organizar un pouquiño as cousas da casa e a preparar algunha receita nova. Alén da lambetada que vos presentaremos proximamente, traemos hoxe unha carne cociñada dun xeito pouco tradicional mais moi sinxelo e sobre todo saboroso, que é o que nos interesa aquí. 

Desta volta, procuramos inspiración e encontrámola na canle de Youtube de "Cocina con Carmen". Así pois, recreamos a idea para compartir cos nosos amig@s lectores. Aí vai!



Solombo á mostaza



Ingredientes (para 2 solombos):

     
  • 2 solombos
  • 2 cebolas
  • 2 dentes de allo 
  • 4 culleradas de mostaza
  • 2 culleradas de mel
  • 300 ml de caldo 

martes, 31 de outubro de 2017

Galletas terroríficas

Chega unha noite máxica para nen@s e maiores, sobre todo para @s que gustamos do ámbito terrorífico. A noite previa a defuntos, o Samaín.
Aínda que nós non temos peques pola casa non podemos evitar elaborar este tipo de receitas. Iso si, por moito fondant e deseño que haxa, o sabor nunca pode ficar á marxe, polo que procuramos crear unhas galletas básicas, sinxelas mais saborosas.
Mañá, día feriado, é unha xornada ideal para botar un tempo divertido amasando e argallando formas. Coa axuda de moldes/cortadores o traballo estará realizado aínda que se sodes moi máis xeitosos ca nós podedes botar man do deseño e darlles vós mesmos as formas.
Sexa como for, con isto, uns ósos de santo e unha torta caveira podemos pasar unha velada terrorificamente doce, muahahahaha.
Velaquí as tedes:



Galletas terroríficas


Ingredientes:

Para as galletas:
  • 185 g fariña, máis para estirar
  • 60 g manteiga
  • 60 g azucre
  • 1 ovo
  • 1 cullerada de vainilla
  • 1 culleriña de lévedo

sábado, 24 de xuño de 2017

Das nosas receitas preferidas... Parte II (TORTAS)

Feliz San Xoán, bolboreteir@s! Hoxe hai festa por medio país. E a outra metade do país, aproveita para celebrar tamén que chegou o verán.
A nós este ano o San Xoán colleunos metidos de cheo nos exames de oposición así que pouca forza haberá para festas. Mais si para comer, que fame sempre hai, haha e iso é boa cousa.
Ben, o caso é que esta semana tivemos moi pouquiño tempo para cociñar e así pois aproveitamos para continuar un apartado que comezaramos hai ben tempo, en marzo do 2016 con Das nosas receitas preferidas... Parte I. Ese primeiro fascículo estaba formado por varias das nosas receitas salgadas máis adoradas. E claro, como ía faltar a correspondente versión doce sabendo que Bolboretas no bandullo ten xénese e motivación lambisqueira.
Pois como é día de tanta festa e de aquí en diante todo vai ser festexos pola Galiza adiante, aquí unha acumulación de tortas para as vosas sobremesas.

As receitas doces preferidas 



Torta Ferrero

Agora mesmo comiamos un anaco, dous, tres... ou toda a torta!! Sen dúbida, esta é unha das nosas torta estrela e unha das que máis éxito tivo cando a publicamos no blogue e cando a presentamos ante os nosos convidad@s xa que o sabor é moi similar ao dos famosos bombóns que tanto nos gustan... (non, Ferrero non paga a publicidade, haha). 


Torta de 3 chocolates


Ben podería ir de primeira pois esta é o noso punto de partida. Como sabedes aqueles e aquelas que escoitastes ou lestes algunha das nosas entrevistas, todo comezou coa clásica torta de tres chocolates. Primeiro para a irmá, despois para o resto da familia, amig@s...