Amosando publicacións coa etiqueta ravioli. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ravioli. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de setembro de 2017

Ravioli con salsa cabaciña

Bo día, bolboreteir@s!!! Como vai todo? Se xa andamos de volta na rutina o clima desta fin de semana xa nos fai achegar aínda máis ao inverno. Vai haber que comezar cos caldiños e as cremas. E material para iso temos porque andamos cos excedentes da recollida da froita de tempada. Este ano a horta deu de si. Cabaciñas, pementos, tomates, cebolas, cogombros... E nós tan contentos. Iso si, convén darlle voltas á cabeza para lle dar saída a tanta verdura.
O primeiro co que nos encontramos foi cunha chea de cabaciñas. Fixemos, como non, os nosos adorados Spaguetti de cabaciña mais aínda así pensamos noutras posibilidades. Ben, pois como esta verdura ten un sabor tan suave, quixemos darlle saída como acompañante de pasta, neste caso ravioli. Veredes que marabilla! 



Ravioli con salsa cabaciña


Ingredientes:


  • Ravioli
  • 1 cabaciña grande ou dúas medianas
  • 6 dentes de allo
  • 4 champiñóns
  • 1 vaso de caldo vexetal
  • 80 gr. dun queixo suave (nós utilizamos Arzúa-Ulloa)
  • 1 chisco de alfábega

sábado, 12 de novembro de 2016

Ravioli de cabaciña

Bolboreteir@s! Unha vez máis por aquí, e como xa nos coñecedes de vellos, seguro que intuídes que despois dunha lamberetada como a do pasado martes tocaría algo un pouco máis lixeiro. E así é, imos cun recurso para o día a día, saudábel e realmente exquisito.
Ben é certo que desta volta a idea non é nosa senón do mediático cociñeiro Alberto Chicote. Nun destes xoves en que vemos despois de cear "Pesadilla en la cocina", co que, por certo, rimos até escachar, encontramos esta delicia. O madrileño incorporábaa á carta dun deses restaurantes que aos que vén axudando e sorprendeunos tantísimo pola súa sinxeleza que non o pensamos nin un momento. Anotada e posta en práctica ao día seguinte. Ao fin ao cabo pouco precisamos, cun pouco de cabaciña e queixo, practicamente temos un prato de 10!
Con isto sorpendererdes a quen quixerdes e desfrutaredes dunha outra opción para as nosas verduras, que tanto xogo nos dan!


Ravioli de cabaciña


Ingredientes:

  • 1 cabaciña
  • 1 rulo de queixo de cabra
  • 1 tomate
  • 1 culleriña de manteiga
  • Aceite de oliva
  • Allo en po
  • Un chisco de romeu
  • Un chisco de tomiño