Ñoquis crocantes
Ingredientes:
- Ñoquis
- Allo en po
- Cebola en po
- Pemento doce
- Pemento picante
- Curry
- Ourego
Ingredientes:Bo día, bolboreteirxs! Como estades? Nós estamos moi ben, cociñando moito aproveitando estes días que viñeron con tanta choiva, e animando ao peque a que participe con nós da cociña e el feliz amasando, mesturando e escollendo ingredientes.
Como sabedes, somos consumidores de páxinas de cociñas para inspirarnos coas nosas receitas. Esta receita vímola nun deses vídeos de Youtube, de Violeta West, unha rapaza que fai unhas receitas sinxelas e deliciosas, e non podíamos deixar de facela: masa+cebola+queixo? Tiña que saír perfecta e así foi. Saíron uns boliños perfectos para tomar como petisco ou acompañar nas nosas comidas ou ceas. Ese recheo de cebola recórdanos ao sabor da típica sopa de cebola francesa e xunto co queixo, unha delicia absoluta.
Aínda que parezan moitos ingredientes, a receita é moi sinxela. Aquí vola deixamos:
Ingredientes:Bo día, bolboreteir@s! Como estamos? Aquí procurando o equilibrio entre a alimentación saudábel e as festas, celebracións e comidas que van xurdindo e que nos traen bombas lambonas imposíbeis de rexeitas. Hoxe toca traervos un prato do primeiro apartado. As nosas compras da semana agora caracterízanse por verdura, moita verdura e adoramos ideas coma estas que dan cabida a varias delas.
Cómpre dicir, que esta idea parte dun xantar de hai unhas semanas en Lugo, no marabilloso restaurante Cachivaches, ubicado na zona universitaria. Probamos este prato, namoramos e recreamos na casa. Agora, transmitimos a receita para que aproveitedes a saborear esta delicia.
Ollade, sinxelo, saborosa e enche moito máis do que podades pensar nun principio!
Boa noite, bolboreteir@s. Como estades? Os que sodes pouco amigos da calor, estaredes coma reis, non? Haha. Nós levamos mal a choiva nestes meses, a verdade, pero como sempre, non hai mal do que non se tire proveito. Así pois, sempre que hai días sen saír, aproveitamos para a cociña e desta volta rendiunos para tres receitas novas, unha das cales presentamos xa hoxe.
Optamos por un pan que non ten moita tradición na gastronomía galega pero que si é habitual encontralo en moitas pastelarías. Falamos do pan brioche, un pan doce xa a camiño do biscoito con orixe francesa. Parece ser, que provén concretamente das terras de Normandía, onde os pobos vikingos traballan a miúdo coa manteiga, coas calorías que iso lles ofrecía. Aparece documentada por primeira vez co nome de brioche no século XV mais, como dicimos, sábese da súa elaboración bastante antes.
Hoxe en día, falamos dun pan doce moi popular en varios territorios de Europa, moi proveitoso para diferentes momentos do día.