Ben, pois a de hoxe son uns ovos recheos, que sempre funcionan moi ben en calquera xuntanza, tanto como aperitivo ou mesmo como prato principal.
Xa temos preparadas varias versións como esta co surimi como protagonista. Con todo, queriamos optar desta volta por unha das receitas máis elaboradas, a que ten o atún como elemento central.
Vendo como estaban de bos puidemos preparar dúas ducias de ovos mais queda para outra e sobre todo, queda aquí a idea para compartir con vós.
