Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo? Por aquí andamos ben contentos con este día solleiro no que imos para Compostela a gozar do #Cocidoday na Nave de Vidán. Xa vos iremos contando polas redes que tal vai.
Entretanto, traemos aquí unha receita moi diferente. De feito, xa vedes que choca desde o título e talvez moit@s non estean de acordo con estas denominacións de "x vegano". A nós pola contra si nos gusta porque nos encanta xogar coa comida. Ese aspecto lúdico é un criterio diferencial para amarmos a gastronomía e nesa liña, a vegana é unha xoia.
Levamos unha xeira incribelmente gustosa con este tipo de pratos xa que algúns como o da pasta salsa boloñesa vegana e este mesmo póñense ao nivel dos orixinais. Ou canto menos para nós. Ademais, que se fan bastante máis lixeiros. Ollade, opinade e decidide ;-)