Ola, amig@s! Traemos hoxe unha receita ben clásica e ao tempo, ben diferente. Xa vos dixemos moitas veces o que gustamos da alimentación vegana. Non a seguimos mais botamos man dela en moitas ocasións pola creatividade que ofrece e tamén polas múltiplos beneficios nutritivos. Coñecemos produtos e sobre todo descubrimos resultados tan sorprendentes como o que hoxe presentamos.
Fomos algo desconfiantes no inicio porque viamos xente na rede que cuestionaba o sabor da soia por si soa. Para nós era a primeira vez mais ficamos moi moi contentos co seu sabor. É moi suave e cunha textura moi similar á da carne picada. Vaia, por que non botarmos man dela con máis frecuencia! Aí imos!
Fomos algo desconfiantes no inicio porque viamos xente na rede que cuestionaba o sabor da soia por si soa. Para nós era a primeira vez mais ficamos moi moi contentos co seu sabor. É moi suave e cunha textura moi similar á da carne picada. Vaia, por que non botarmos man dela con máis frecuencia! Aí imos!
Salsa boloñesa vegana
Ingredientes:
- 250 g de soia texturizada
- 300 g de salsa de tomate
- 1 brócoli
- 2 cenorias
- 1/2 cebola
- 2 dentes de allo
- Caldo de verduras/auga
- Aceite de oliva
- Ourego
- Pementa moída
- Sal
Para acompañar: pasta ao gusto, patacas, tortillas...
Utensilios: unha cunca, unha tixola e un picador eléctrico (ou táboa e coitelo).
Elaboración:
Para comezarmos, temos de rehidratar a soia. Para iso, botamos a soia nunha cunca e cubrimos con caldo de verduras (ou con auga).
Mentres tanto, trituramos as cenorias, a cebola e os dentes de allo e rustrímolos nunha tixola con dúas culleradas de aceite. Salpementamos ao noso gusto.
Pasados 5 minutos, engadimos o brócoli, tamén cortado finamente, para que sexa máis sinxelo de comer.
Cando o brócoli estea cociñado, agregamos a soia, ben escoada, e mesturamos moi ben.
Botamos a salsa de tomate, mellor se é caseira, e cociñamos 4-5 minutos máis.
Se o combinamos con pasta, cocémola seguindo as instrucións do paquete mesturámola coa salsa. E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste!
Oxalá a poñades en práctica e vos encante, como nos pasou a nós. Aquí sempre dicimos que imos recrear unha e outra vez moitas receitas. Despois non dá tempo a todas porque temos que seguir achegando novas ideas. Mais temos clarísimo que esta estará si ou si. Marabilla!
Mil grazas polas vosas lecturas, bolboreteir@s! Forte aperta!
Mil grazas polas vosas lecturas, bolboreteir@s! Forte aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario