martes, 20 de decembro de 2022

Coroa natalicia de canela

Bo día, bolboreteirxs! Se pensamos non sabores, e olores, do Nadal seguro que pensamos na canela, na laranxa, no chocolate, na améndoa... Para esta ocasión decidimos xuntar a canela co follado porque sabemos que vai ser un éxito asegurado, porque xa só co olor cando esta sobremesa estea no forno atraerá aos máis larpeirxs da casa! 
As coroas tamén son típicas destas festas, poñémolas de decoración nas portas, nas mesas... e tamén é unha idea xenial para darlle formas aos nosos doces, xa que quedan moi vistosos. Dito isto, imos aló coa receita. 



Coroa natalicia de canela



Ingredientes: 


  • 1 lámina de follado 
  • 100 g de manteiga a temperatura ambiente            
  • 80 g de azucre 
  • 2 culleradas de canela 
  • 1 ovo batido 








Utensilios: unha cunca, unha bandexa de forno con papel vexetal, un garfo e un coitelo. 



Elaboración:


Para comezarmos, temos de mesturar a manteiga co azucre e a canela. 












De seguir, estiramos a masa de follado e estendemos a crema anterior sobre todo o follado. 


Enrolamos completamente e cortamos o rolo pola metade. 


Pegamos dous bordos e imos trenzando a masa. 













Despois, dámoslle forma de coroa 👑. 


Pintámola co ovo.


Enfornámola a 200°, calor arriba e abaixo, durante 30 min. 


Deixamos que arrefríe uns minutos e empoámola con azucre glas e canela.



E xa estaría lista para comer! Agardamos que vos guste! 


Asegurámosvos que é unha verdadeira loucura este doce, sobre todo, se sodes afeccionados á canela e é unha sobremesa coa que podedes triunfar estas festas 🎄🌟☺️! Aperta, bolboreteir@s!

Ningún comentario:

Publicar un comentario