Bo día, bolboreteirxs! Que tal? Xa tedes todo preparado para a Noiteboa e o Nadal? Nós temos todo listo e ademais imos desfrutar duns días coa familia e as amizades por Viveiro!
Cando estivemos en Copenhague, desfrutamos moito dos chocolates á taza, xa que era unha boa forma de entrar en calor. Alucinamos co seu sabor, en concreto, cun dos que tomamos nunha cafetaría moi riquiña 🥰 vendo nevar desde a ventá ❄️ ⛄️ e intentamos recrealo con esta receita, que será unha das primeiras que vos traeremos con inspiración danesa. Imos aló con esta delicia doce.
Chocolate á cunca con nubes!
Ingredientes:
- 250 ml de leite
- 40-50 g do chocolate que máis vos guste
- 20 g de nubes, máis algunha máis para decorar
Utensilios: unha cunca, un cazo (ou outra cunca) e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de quentar o leite.
Botamos algunha nube máis decorar e xa estaría listo para beber! Poderíamoslle engadir un pouco de vainilla ou canela tamén 😋!
Uff… ! Que delicia, verdade?! Unha bebida ideal para estas festas, por exemplo, para organizar un almorzo ou unha merenda e desfrutar coas nosas amizades ou familia! O toque das nubes derretidas dálle un sabor espectacular, de verdade, tedes que probalo e contarnos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario