domingo, 28 de novembro de 2021

Tortaleta de chocolate e crema Kinder

Hoxe vimos fortes, moi fortes. Non hai choiva que free a dozura coa que vos imos conquistar nesta xornada. Aquí nesta casa somos moi de celebracións e claro, cada vez que hai un aniversario botamos un par de semanas de festexos. Vale, vale, non seguidas pero a verdade é que entre celebración na casa, coas amizades, cos compis de traballo, familia e demais, ao final, xuntamos unha boa canntidade de comiolas. Para algunhas encargamos, para outras cada un trae algo pero tiñamos claro que unha das tortas tiña que ser para cumprir os caprichos máximos da honrada que neste caso é a presente, haha.

Desta forma fomos a un dos nosos produtos de perdición, o chocolate Kinder e arredor de varios deles configuramos unha torta que para nós é practicamente inmellorábel. Neste caso o mérito é do produto utilizado, claro. Tiñamos claro que ía ser imposíbel que fracasara unha torta que contén estes produtos. Así pois... elaborar e... darse unha homenaxe con todas as letras!!!!



Tortaleta de chocolate e crema Kinder



Ingredientes:           


  • Masa crebada
  • 400 g de crema Kinder/ cacao con abelás
  • 200 g de chocolate con leite          
  • 100 g de chocolate de praliné (ou 300 con leite)
  • 300 g de nata 35%
  • Kinder Bueno, Happy Hippo, Choco-bons…
  • Chocolate branco
  • Purpurina comestíbel (opcional)






Utensilios: un molde de 30 cm, unha pota, un batedor, un relador, e dúas espátulas (ou culleres).

Elaboración: 

Para comezarmos, temos de facer a masa crebada. 


Estendemos a crema Kinder, que pode ser de outro sabor que vos guste. 


De seguir, quentamos a nata, retiramos do lume e agregamos o chocolate. Mesturamos até que o chocolate se derreta e obteñamos unha crema. Deixa,os arrefríar uns minutos. 


Botamos sobre a crema Kinder.


Refrixeramos 20 minutos e decoramos. Nós usamos unha pouca de purpurina. 


As chocolatinas e relamos chocolate branco para que houbera máis contraste. 


Refrixeramos 4-5 horas e xa estaría lista para comer! A ver si, xa sabemos que vós tamén queredes ser o hipopótamo que aí vedes pero todas as comenencias non collen nun saco XD Agardamos que vos guste e que alcancedes vós tamén o olimpo chocolateiro!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario