Bolboreteir@s! Como estades?? Os que permaneces na Galiza vivindo os luxos de non estarmos a 50º, non? Luxo si, pero nós algo de sol queriámolo, eh!!
Ultimamente estamos bastante activos na cociña debido ao período vacacional. Hoxe traémosvos unha lambetada clásica, madalenas, que dá para xogar e experimentar canto queiramos. Desa volta, escollemos os arandos como protagonista xa que ultimamente están a ter moito éxito nesta casa posto que ao pequeno o namoran. A verdade é que as froitas de verán son un luxo: sandía, melón, cereixas, arandos...
Cremos que esta receita vos ha de entrar xa polos ollos mais ollade que non ten grande complicación e animádevos a descubrir tremenda lambonada!
Madalenas de arandos
Ingredientes:
Para as madalenas:
Para o toque crocante:
- 45 g de azucre
- 30 g de fariña
- 30 ml de manteiga derretida
Utensilios: unha cunca grande e varias pequenas, un batedor (eléctrico ou manual), unha espátula e moldes para madalenas.
Elaboración:
Para comezarmos, mesturamos o azucre coa reladura do limón.
Agregamos o ovo e o iogur e mesturamos ben.
Engadimos o aceite.
E o leite mesturado co zume de limón (tédelo que preparar 5 minutos antes).
Botamos a vainilla.
A fariña, o lévedo e o sal.
E os arandos. Reservamos.
Para darlle un toque crocante, mesturamos a fariña e o azucre.
E a manteiga.
Até facermos unha pasta.
Botamos a masa das madalenas nos moldes e poñemos un pouco do crocante en cada unha.
Enfornamos a 170º, calor arriba e abaixo, durante 25 minutos.
Deixamos que arrefríen un pouco e xa estarían listas para comer!
Agardamos que vos gusten e que as poñades en práctica. Aquí aproveitámolas para un almorzo no que tivemos visita mais son moi sabedeiras para a merenda ou incluso sobremesa. Ben doces (sen exceso) e nada secas. As madalenas que queremos por aquí. Forte aperta, bolboreteir@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario