DONUTS SAUDÁBEIS? Vaia, parece un oxímoro en toda regra. E si, porque estes donuts donuts... non son. Mais si son a súa versión máis saudábel.
Xa sabemos que agora estades a ter todos esa mirada de desconfianza que pomos cando nos contan algo inverosímil porque nós tamén o fixemos. Mais non vos queda outra que confiardes en nós.
A receita chegou a nós a través duns amigos que lograron un resultado excelso e nos meteron a ansia. O creador orixinal é Chef Bosquet, que está máis que experimentado neste tipo de creacións sorprendentes.
O caso é que para nós estes roscos de chocolate son unha das grandes tentacións larpeiras que existen, xa sexan os procesados, os de panadaría... sábennos todos e todos teñen pouco de san. Pero chegou esta ideaza á nosa vida e... guau, que barbaridade de receita!
“Donuts” saudábeis
Ingredientes:
- 140 g de cabaza asada
- 80 g de dátiles (e auga)
- 40 g de cacao puro
- 35 g de fariña de avea integral
- 35 ml de aceite de oliva
- 2 ovos
- 1 cullerada de lévedo
- 1 culleriña de vainilla (opcional)
- Un chisco de sal
- 300 g de chocolate para fundir
- Améndoas picadas
Ningún comentario:
Publicar un comentario