Boa sábado de Entroido, bolboreteir@s! Hai un ano andabamos preparando todo para coñecer o entroido do sur: Xinzo, Laza, Verín... Foi unha experiencia tan espectacular que prometemos volver este ano. Mais xa vedes, igual que aos demais, tamén nos tocou aprazar unha promesa. Desta volta toca disfrazarse para andar pola casa, pasear e mesmo cociñar. Aínda que non vos é moi cómodo preparar a masa das roscas ou facer os freixós con algún conxuntiño que temos, hehe.
Vaia homenaxe nos imos dar nesta ponte. Recordade que tedes polo blogue a maiorías das receitas tradicionais do entroio: orellas, flores, filloas, roscas... Tedes para escoller.
E entretanto, máis sabor por aquí, hoxe, algo moi sinxeliño!
Gulas con gambas
Ingredientes:
Utensilios: unha tixola, unha culler e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, rustrimos nunha tixola, con 5-6 culleradas de aceite, os dentes de allo e o chile.
Agregamos as gambas e fritímolas.
5 min despois, botalos as gulas e mesturamos moi ben. Salpementamos e cociñamos 2-3 min máis.
Servimos e empoamos cun pouco de pirixel.
Esperamos que vos guste esta sinxela receita. Sempre está ben ter recursos á man para apuros na cociña, non é? Forte aperta e pasade moi feliz entroido, amig@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario