Samaín, Samaín, vente vindo, que nós xa estamos con todo preparado. Andamos facendo probas para a configuración dos días de defuntos e da noite de Samaín e dunha desas probas saíu isto.
Unhas cabaciñas que nin teñen pébedas nin son froito, e que no sitio, teñen un recheo de carne moi moi saboroso. E como vedes, recórdannos na forma exterior aos calacús, como lle din en diferentes zonas da Galiza.
Pois ben, a verdade é que é un aperitivo ou incluso prato principal ben apetitoso que apetece mollar nunha salsa. Neste caso estabamos folgazáns e optamos por un clásico do súper, o ketchup. E moi ben. Se andadades con folgos, preparádelle un mollo caseiro e será xa top. Aquí vai a primeira idea deste ano para o noso Samaín gastronómico.
Falsos calacús
Ingredientes:
Elaboración:
E xa estarían listas para comer! Podémolas acompañar con sangue de morcego ou sesos de mortos... co que máis vos apeteza 🎃☠️👻. Forte aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario