Boa tarde, bolboreteir@s! Como vai todo? Agardamos que moi moi ben. Por aquí estamos en plena presentación da nova casa e andamos felices con convidad@s día si día tamén. Iso ten moitas cousas boas, especialmente a compaña, mais nós adoramos as visitas para sorprender con pratos novos.
Así pois, configurando menús, adoitamos tirar de pratos xa consagrados no blogue (e na nosa casa) e experimentos que cremos que poden gustar aos comensais.
O que agora presentamos é unha receita moi sinxela que non utilizamos como protagonista principal nun destes menús nesta fin de semana mais que serviu para dar moita alegría a un prato que traeremos no próximo día.
Cando falamos de doces coma estes ou marmeladas adoitamos asocialas máis ben a almorzos, sobremesas ou merendas mais é certo que hai algúns produtos como o tomate ou o pemento que na súa versión adozada permiten combinacións ben interesantes con produtos salgados. Ollade aquí:
Doce de tomate
Ingredientes:
Elaboración:
Para comezarmos, temos de escaldar os tomates para pelalos. Para iso, facemos un corte pel do tomate. Poñemos ao lume o cazo con auga, cando empece a ferver botamos os tomates e retiramos cando volva ferver. De seguir, mesturamos o tomate co azucre. Para saber a cantidade de azucre temos que pesar os tomates e botar a metade de azucre.
Poñemos ao lume, medio-baixo e deixamos cociñar 35-40 minutos, removendo de cando en vez.
E xa estaría lista para comer!
Apetece, non é? Certo é que a sobrante acabouna papando algún lambón a culleradas e a verdade é que entra soa mais xa dicimos que como máis nos gusta é como acompañante. Estade atentos que logo haberá novidades ao respecto. Aperta forte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario