Bo día, bolboreteir@s. Miña naiciña, o empacho que por aquí temos. Sonvos moitos días de papar e papar e onte co roscón de Reis puxemos fin. Agora ben, agora xa empeza a etapa de propósitos novos, boa alimentación e demais... Nós polo de agora, imos descansar do doce unha tempada. Pero non moi longa que as filloas xa veñen petando á porta.
Ben, pois precisamente para estes días, temos xa elaborada unha receita para algunha cea, partindo do concepto da pizza mais pondo como base un par de verduras das que máis nos gustan: a berenxena e a cabaciña. Polo demais, o recheo non supón unha grande novidade, podedes escoller o friame que quixerdes ou máis verduras. Porén, sorprenderavos a suavidade e lixeireza ao trocar a masa. Ollade que bo!
Pizzetas lixeiras
Ingredientes:
Utensilios: unha bandexa apta para o forno, papel vexetal, unha táboa e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, cortamos a cabaciña e a berenxena en lascas.
Estendemos unha fina capa de salsa de tomate e empoamos con ourego e pementa moída.
Botamos o queixo relado.
E tamén o friame escollido, nós usamos pavo e salame, porque era o que tiñamos no frigorífico. E engadimos os champiñóns.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 10-12 minutos.
E xa estarían listas para comer! Agardamos que vos gusten! Decatádevos que de tan lixeiras que son, logo voan. Lémonos, bolboreteir@s!
Encantabame comer eso cando tiña 4-5 anos.
ResponderEliminar