martes, 14 de xaneiro de 2020

Crema de espárragos

Bo día, bolboreteir@s. Neve, vente ou chova, aquí seguimos, que comer hai que seguir comendo. Hoxe traémosvos unha receita de poder memorístico, eses pratos que recenden como a madalena de Proust cara atrás no tempo. Obviamente, isto parte de experiencias persoais e neste caso nós temos unha ligazón importante coa crema de espárragos pois era, xunto coa de champiñóns, un recurso do máis frecuente na nosa casa cando eramos pequenos. Mais, sucedeu como tantos outros pratos que van quedando no esquecemento até que nun momento determinado xorde a memoria para nos obrigar á recreación.
Así pois, hoxe presentámosvos con moito orgullo esta primeira vez que preparamos a crema de espárragos. Ben gustosa quedou!




Crema de espárragos


Ingredientes:

  • 400 g de espárragos
  • 1 allo porro
  • 1 pataca
  • 1/2 cebola
  • 1 l de caldo de verduras
  • Allo en po
  • Pementa moída
  • Sal


Utensilios: unha pota, unha táboa e un coitelo, unha culler e un batedor eléctrico.



Elaboración:


Para comezarmos, temos de rustrir o allo porro e a cebola en dúas culleradas de aceite.


Pelamos e cortamos a pataca e agregámola tamén. 


Partimos os espárragos e botámolos na pota. Rustrimos todo 3-4 minutos. 


Engadimos o caldo e deixamos que ferva. Despois, baixamos o lume e cociñamos 20 minutos. 


Cando pase ese tempo, trituramos moi ben. 



E xa estaría lista para comer!


Agardamos que vos guste! Se vós tamén preparades cremas de verduras coma esta, podedes comentarnos como as facedes ou darnos algunha recomendación aínda que a verdade é que a esta non lle cambiariamos nada. Aperta forte, bolboreteir@s!


2 comentarios:

  1. Uummmmmmm que ricas las cremas ,a mi me gustan todas asi que me llevo un plato para la cena que no falta mucho.
    Os ha quedado de relujo y no dudo lo mas minimo que este de rexupete.
    Bicos mil para los tres wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Leva, leva! Que aínda queda un tupper no conxelador 😉😘😘

      Eliminar