mércores, 5 de xuño de 2019

Solombo recheo de compota de mazá

Bo día, amig@s! O da combinación de froita e carne sempre nos chamou moito a atención porque, de primeiras, non parece sumamente lóxica mais na práctica é realmente efectiva. De feito, nas nosas casas veñen facendo desde hai moito tempo dúas receitas con mazá: polo recheo e rolo de carne con compota.
Así pois, o referente está desta volta na cociña familiar. É certo, iso si, que aquí somos ben amig@s desta froita. Dispuxemos entón preparar un prato de contraste para un menú ben apetitoso.
Antes de nada, fóra prexuízos e imos abrindo apetito.



Solombo recheo de compota de mazá


Ingredientes:

  • 1-2 solombos de porco
  • 4 mazás
  • 2 cebola
  • 3-4 dentes de allo
  • 1 vaso de viño branco
  • 1/2 vaso de salsa de soia
  • 1/2 vaso de auga
  • Aceite de oliva
  • Pementa moída
  • Sal
Utensilios: unha fonte apta para o forno, unha cunca, un batedor eléctrico, unha táboa e un coitelo e un microondas.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de pelar as mazás e cortalas en anacos pequenos. Botámoslle pementa moída e cociñamos no microondas 10 minutos. Despois, trituramos e reservamos. 


Mentres tanto, picamos as cebolas e os allos e colocámolos na fonte en que imos cociñar o solombo. Reservamos. 


Abrimos o solombo até que nos quede como se fose un filete grande. Nós fixemos dous para que nos sobrara unha pouca de carne para outro día. Salpementamos ao noso gusto. 


Estendemos unha capa da compota de mazá, enrolamos e colocamos enriba das verduras. 




Engadimos os líquidos, o viño, a soia, a auga e un chisco de aceite de oliva. 


Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, co forno prequente, durante 1 hora, aproximadamente. Nós fixémolo ben pasado, mais podedes escoller o punto da carne que máis vos guste. Pasado ese tempo, cortamos os solombos en lascas e trituramos a salsa. 


Servimos ao momento. Podémos acompañar esta deliciosa carne con cuscús, arroz, patacas, ensalada... ou o que máis vos guste ;)


E xa estaría lista para comer! Damos fe de que estaba delicioso e non podemos máis ue recomendarvos a elaboración dunha carne preparada de maneira diferente. Xa nos contaredes! Aperta ben forte!

3 comentarios:

  1. Una combinacion de lo mas original, mi madre siempre le pone una manzana al pollo cuando lo asa y le va de miedo asi que seguro que el solomillo asi esta de rexupete.
    Como siempre la receta y las fotos son de 20 points.
    Bicos mil y feliz finde wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, nós ao polo tamén lla engadimos mais co solombo está de vicio ♥️

      Eliminar
  2. Bos días! Xa teño todo para prepalalo mañá. Heivos contar o resultado 😋😉😘

    ResponderEliminar