Ola, bolboreteir@s!!! Como vai todo!! Por aquí andamos moi contentos pois xa vemos o Entroido próximo, ou máis ben xa nos relambendo, pois xa temos a cociña chea de aromas de cocido, roscas e freixós. Mmmmmmmmm...
Mais hoxe non toca larpeirada senón un prato de día a día, deses recursos ben prezados que nos ofrece unha variante para unha materia prima habitual. A costela en ocasións, nalgúns cociñados, ten como inconveniente o feito de ficar algo seca. Non é este caso, onde se nos desfai con meterlle o coitelo e presenta un sabor ben ben gustoso. Ollade!

Costela á mostaza e á mel
Ingredientes:
Utensilios: unha bandexa apta para o forno, papel de aluminio, unha cunca, culleres e un pincel.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a salsa. Para iso, mesturamos a mostaza, o mel, pementa moída e sal ao gusto.
De seguir, estiramos sobre a bandexa de forno, unha lámina de papel de aluminio, colocamos a costela e pintamos coa salsa, polos dous lados.
Tapamos con outra lámina de papel de aluminio e refrixeramos 2-3 horas. Pasado ese tempo, enfornamos a 170º, calor arriba e abaixo, durante 2 horas.
A continuación, quitamos o papel de aluminio superior, subimos o forno a 220º co gratinador e deixamos que se cociñe 10-12 minutos máis.
Servimos acompañada de patacas, ensalada, arroz, pan ou o que máis vos guste!
Agardamos que vos guste e que poñades a receita en práctica. Xa vedes que traballo pouco vos ha de dar e alegrías... moitas! Xa andades babexando? Pois a pola costela, amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario