Boa noite, bolboreteir@s! Como vai a semana. Nerviosos ante a chegada do Nadal? Nós un pouco, que somos como nen@s! Hahaha.
Ben, como sabedes quen nos seguides nas RRSS, esta ponte de decembro viaxamos até Londres, para vivir ese espírito do Nadal tan peculiar e tamén para descubrir unha gastronomía que ten moitos seguidores mais tamén moitos detractores. Ás veces transcende unha imaxe da gastronomía británica un tanto sesgada. Hai moito por descubrir, especialmente nestas datas. Hoxe imos cunha desas "pie" que tanto gustan e que aquí triunfou e mesmo pode formar parte do menú natalicio. Imos alá!

Pastel de polo
Ingredientes:
- 2 láminas de follado
- 2 peitugas de polo
- 3-4 cenorias
- 2 allos porro
- 1 cebola
- 2-3 dentes de allo
- 2 culleradas de fariña de arroz/maicena
- 1 culleriña de pemento picante
- Ourego
- Pementa moída
- Sal
- 1 ovo batido
- 1 vaso grande de caldo de verduras
- Aceite de oliva
Utensilios: un molde apto para o forno, unha tixola, un rolete, unha táboa, uncoitelo e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer un rustrido coas verduras, ben picadiñas, nun pouco de aceite de oliva. Primeiro a cebola e o allo, logo o allo porro e, por último a cenoria.
Cando as verduras estean ben feitas, engadimos o polo picado e sazonamos co oureo, a pementa moída e o sal. Deixamos que se cociñe ben.
Despois, engadimos a fariña e mesturamos moi ben.
Agregamos o caldo e deixamos que se cociñe uns minutos. Ao usar a fariña, o recheo vai espesar.
Botamos o pemento picante e mesturamos de novo.
Mentres se termina de cociñar o recheo, colocamos o follado no molde. Nós usamos o papel vexetal para que sexa máis fácil de desmoldar. Picámolo cun garfo.
Engadimos o recheo.
Tapámolo coa outra capa, pechamos ben os bordos e, se nos sobra masa, facemos unhas figuras. Pintamos co ovo batido.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, co forno prequente, durante 25-30 minutos. Reservamos 5 min.
E xa estaría listo para comer!! Apetece, non é? Nós a verdade é que todo o que leve follado xa nos chama moitísimo mais nesta ocasión o recheo está á altura. Faise moi fácil de comer e deixa con ganas dunha segunda porción. Aquí voou. Agardamos que gustedes. Forte aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario